VISITA GUIADA ÁS OBRAS REALIZADAS NA CONTORNA DA IGREXA DE LALIN DE ARRIBA

Share on facebook
Share on twitter

Por Antonio Presas

 

O venres 3 decembro 2021 tivo lugar unha visita guiada ás obras de rehabilitación
efectuadas na contorna da igrexa de Lalín de Arriba.
Pois ben, debemos agradecer a información pública que se fixo desas obras en todo
momento, especialmente no aspecto arqueolóxico, por causa da aparición dunhas 53
sepulturas, que se poden remontar a comezos do século XVI, no lado Leste
(cabeceira) e Sur (entrada lateral).
No acto público do venres participaron persoas con gran coñecemento en urbanismo,
arqueoloxía e historia. As súas explicacións foron simples e claras, pero de forma
prevista ou imprevista, tamén participou un veciño da zona, quen manifestou certas
discrepancias respecto das actuacións realizadas.
Como a prensa, incomprensiblemente, non recolleu ningunha información ao
respecto e, para que non haxa malos entendidos, quero aclarar o que observei (é a
miña observación persoal, que pode ser discutible). O veciño referiuse ao seguinte:
1- Sorprendeulle bastante que o concello de Lalín solicitara permiso ao bispado
lucense para usar a igrexa, como local publico, para as explicacións dadas no acto
(visita guiada) e non aos veciños, quen foron os que sempre se preocuparon por esta
igrexa. Manifestou que ata hai ben poucos anos o bispado non mirou por esta
igrexa, pero agora considéranse os propietarios da mesma sen saber moi ben
porque sucede iso. E máis, aínda, no pasado (comezos século XX), cando se
contruiu a igrexa de Lalín se non fora polos veciños de Lalin de Arriba desfariase a
igrexa románica, eles tiveron que o impedir e alí non estaba o bispado pra
defendelos. Engadiu que sempre que había que facer algo na igrexa (obras,
traballos, limpeza, pintados …) iso sempre o estiveron a realizar os veciños.
2- Nas obras que se acaban de facer por parte do concello, pensouse máis nos de
fóra que nos que viven aquí. Realmente realizouse unha gran obra que puido quedar
moito mellor se se tiveran en conta certos detalles. Por exemplo:
2.1- Á entrada, pasada a circunvalación, hai unha casa que dá pena, parece unha
chabola. Unha casa que desmellora o conxunto tan ben executado. Esa casa está
en mal estado e non se fixo nada por arranxala. Non ten, nin tan siquera chimenea,
e, agora, no inverno o fume sae por entre as tellas.

2.2- A fonte fonte-lavadeiro que está ao lado do Cruceiro, aínda que restaurada, non
debería quedar así, porque unha fonte sen auga non vale para nada e esa sempre foi
unha zona con auga.
2.3- Para facer as obras houbo que levantar o firme existente e rebaixar o trazado do
camiño, ese era o momento adecuado para cambiar a rede de abastecemento, que
se deixou a vella e non se aproveitou a ocasión para poñer unha nova. Foi unha
oportunidade perdida e agora cando se queira facer será moito máis complicado e
costoso.
3- Estas obras quedan moi ben e dan unha boa imaxe de Lalín para os que cheguen
á Vila, pero os veciños non reciben ese proveito.
Isto foi, máis ou menos, o que dixo publicamente o veciño e así queda contado
(versión persoal).
¡Bravo polo veciño que tan educada e correctamente dixo todo isto!. Oxalá haxa
moitos máis veciños así. Foi un placer e un exemplo escoitalo.

Sobre Lalín.net

lalin.net está dirigido por el editor de la página de Facebook homónimo, cuenta con secciones de Medioambiente, Cultura y Sociedad, Actualidad Local, Comarca, Deportes y OPINIÓN. Además de apartados divulgativos y de denuncia ciudadana. 

Podcast - Lalín e arredores

últimas entradas