UN LALINENSE NA ÉLITE MUNDIAL DA LOITA CONTRA O NARCO

Share on facebook
Share on twitter

Alberto Areán Varela, criminólogo lalinense nacido en Holanda nunha familia entón emigrante, é un claro exemplo do complicado traballo que realizan os homes e mulleres pertencentes aos equipos antidroga. O lalinense é un dos poucos que revela a súa identidade e o seu labor realizado como membro da Garda Civi de Ibiza e Formentera, á fronte do Equipo contra a Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) e xefe do equipo da Policía Xudicial. Areán tivo que deixar o corpo temporalmente ao ser fichado pola Oficina de Loita contra as Drogas e o Crime da ONU como coordinador dende o Caribe do Programa Global de Contedores, principal medio de transporte de cocaína dende Sudamérica a Europa.

 

Este programa, que se coordina xunto coa Organización Mundial de Aduanas (OMA), leva funcionando dende 2004 e forman parte del máis de 60 nacións de todos os continentes. Resulta de grande importancia, xa que o 90% do comercio mundial realízase mediante contedores mariños, e o crime organizado emprega esta vía para comerciar con produtos ilícitos (drogas, armas, tabaco, etc). Neste sentido, o programa pretende minimizar a explotación de contedores marítimos de tráfico ilegal, mediante asesoramento e creación de unidades policiais e aduaneiras nacionais nos portos. A crise da Covid-19 non afectou afectou á actividade criminal e o tráfico de drogas no mundo. Porén, si que condicionou o desenvolvemento do programa ao dificultar os desprazamentos e alterar a loita contra o crime organizado e o tráfico ilícito. Así e todo, os resultados conseguidos foron significativos.

 

O traballo realizado por este experto e axente non é para nada doado, xa que debe coordinar o proxecto no Caribe e facilitar a cooperación nacional e internacional entre as unidades, ademais de combater o sistema corruptoinstalado nos portos caribeños. Segundo Areán, a rexión do Caribe é unha plataforma moi importante de tránsito de grandes cantidades de cocaína dende América Latina a Europa e América do Norte. Por exemplo, en 2019 procedeuse á incautación de 75 toneladas de cocaína e, no 2020, chegáronse aos mesmos números, o que evidencia a importancia do programa. Malia as dificultades, o criminólogo lalinense destaca pola súa impecable loita contra o narcotráfico e o crime organizado: os maiores golpes contra o crime en Ibiza e Formentera tiveron lugar grazas ao equipo EDOA da Garda Civil cando el mesmo estaba á fronte.

Sobre Lalín.net

lalin.net está dirigido por el editor de la página de Facebook homónimo, cuenta con secciones de Medioambiente, Cultura y Sociedad, Actualidad Local, Comarca, Deportes y OPINIÓN. Además de apartados divulgativos y de denuncia ciudadana. 

Podcast - Lalín e arredores

últimas entradas