Promoción do comercio en Nadal

Share on facebook
Share on twitter

A Asociación de Empresarios de Deza e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín promoven a campaña de dinamización do comercio local que se desenvolverá ata o día 5 de xaneiro de 2022 baixo o lema “O Nadal de Lalín… mola” e que repartirá máis de 20.000 euros en premios. A presentación, que contou coa presenza do presidente da AED, Antonio Lamas, doutros directivos da asociación, da primeira tenente de alcalde, Paz Pérez, da concelleira de Comercio, Karen Fernández, e dalgúns comerciantes, tivo lugar na rúa Luis González Taboada, a carón dun buzón verde que terá gran protagonismo para participar no sorteo da meirande parte dos premios.

O presidente da AED destacou que “o gran esforzo desta campaña, que é a máis importante do ano para sectores como o comercio, está repartido entre a dinamización con actividades na rúa, os premios para incentivar as compras e a difusión publicitaria”. “Coa iniciativa O comercio de Lalín dá a cara tentamos ir concienciando á sociedade lalinense de que este Nadal, despois de todo o acontecido por mor da pandemia, é máis importante ca nunca apostar polo comercio tradicional nas compras que se fagan e agora, con esta campaña, tratamos de impulsar e incentivar con premios e actividades que a veciñanza faga efectiva esa aposta”, resaltou Lamas.

En canto aos elementos desta campaña de Nadal, Lamas indicou que ademais da decoración dos 92 comercios asociados que participan na mesma, a asociación celebrará un concurso de escaparates -o xurado realizará a avaliación dos participantes na semana do 20 de decembro- e repetirá a experiencia probada no Black Friday de habilitar un servizo de paquetería gratuíta desde hoxe ata o día 5 de xaneiro a través da empresa MRW Lalín. Este servizo abrangue os envíos comarcais, provinciais, rexionais e nacionais -só na península- e establece un límite de 30 paquetes por comercio, cun peso máximo de 10 quilogramos e un tamaño máximo de 1,5 metros. “A experiencia do envío gratuíto de paquetes no Black Friday funcionou bastante ben, porque supón un aforro importante para os clientes e para os establecementos á hora de enviar tanto as compras que se fan on line como as que se realizan nas tendas para enviarlle como agasallos a outras persoas”, explicou Lamas.

“3 en liña” e “Rasca e gaña”

Un dos principais atractivos desta campaña de Nadal é a promoción “3 en liña”, que consiste en que aqueles clientes que realicen polo menos tres compras dun mínimo de 50 euros nos comercios asociados poderán optar ao sorteo diario -agás os días 8 e 25 de decembro e 1 de xaneiro- de 2 vales de compra de 250 euros cada un para canxear nos comercios asociados.

Sobre Lalín.net

lalin.net está dirigido por el editor de la página de Facebook homónimo, cuenta con secciones de Medioambiente, Cultura y Sociedad, Actualidad Local, Comarca, Deportes y OPINIÓN. Además de apartados divulgativos y de denuncia ciudadana. 

Podcast - Lalín e arredores

últimas entradas