OBRAS PÚBLICAS, NECESITAMOS MÁIS SENSIBILIDADE AMBIENTAL.

Share on facebook
Share on twitter

Actuacións polémicas e incomprensibles,  para unha parte da cidadanía, como as da pista de Couso ás Liñeiras, a actuación en Pozo do Boi ou a de  Ponte dos Cabalos deben, necesariamente, invitar a reflexión sobre o que é ou non máis apropiado facer neses espazos (tendo en conta o valor patrimonial e tamén a afectación ao espazo natural no que se está a actuar). O obxectivo debe pasar por evitar danos irreversibles e a aplicación do principio de prevención.

 

Nesta liña se manifestan biólogos, xeógrafos, técnicos ambientais e unha parte importante da cidadanía. Martiño Nercellas, biólogo lalinense, considera que  “parece que esquecémonos do punto de partida, que non é outro, que o de estar ante lugares biolóxicos e paisaxes de singular valor comarcal. Entre as mellores pinceladas paisaxísticas da nosa xeografía local. Incluso protexidas, na Rede Natura, e sometidas a normativa para a súa conservación”.  Ante esta evidencia o técnico reclama que, na aplicación dun principio básico de prevención,  “calquera actuación que se faga precisaría dunha sensibilidade maior, prestarlle atención técnica previa e determinar o tipo e alcance da intervención. Non vale chegar e arrasar, pois parece que é o que acontece unha vez que vemos os resultados”.

 

O último episodio está protagonizado polo que se pode cualificar como “maltrato absurdo” mediante «desbroce» dun «alfombrado de Sphagnum sp-musgo» ( pertencente a unha carballeira húmida atlántica: hábitat protexido), que crece nas marxes dunha recóndita pista “que non molestaba a ninguén. Todo o contrario, era pura poesía natural. Ese dosel natural levaba aí case 30 anos” ( a principio dos noventa existía unha pequena pista que foi ancheada e asfaltada como está hoxe. Trátase dun camiño polo que antigamente saían centos de carros cara O Reino, cargados de codia de carballo para extraer taninos para curtidoría), logrando recuperar, en parte, o dano feito pola pista. O biólogo lalinense explica que se trata de “uns musgos cun ciclo de vida caracterizado por ir, cada poucos anos, acumulando por debaixo un manto de materia orgánica con moi lenta descomposición, de aí, ese aspecto acolchado e brando, e que retén moita auga, ademais de proporcionar un riquísimo nicho biolóxico para multitude de especies”. Denuncia Nercellas que “o absurdo do feito debe servir para a reflexión. Xa son tempos de saber ver onde podemos contar con atributos naturais aos que darlle, tamén, visibilidade, e no lugar de deprecialos e destruílos, pois, atinar en fórmulas que permitan protexelos e gozar deles, aínda que so sexa para mirar para eles. Pois, sinxelamente, somos moitos aos que reconfórtanos mirar para eles e porque son parte dunha sucesión natural que xa fai miles de anos estaban aí”. Aínda que a pista da servizo a lugares de Lalín, a maior parte dela transita polo interior do bosque está dentro do concello de O Irixo.

 

Sensibilizar á cidadanía sobre a importancia dos valores naturais convértese nunha necesidade,  para evitar que as xeracións futuras tomen decisións irreversibles, ás veces indocumentadas, outras sometidas a presións de colectivos cidadáns ou políticos.

 

Sobre Lalín.net

lalin.net está dirigido por el editor de la página de Facebook homónimo, cuenta con secciones de Medioambiente, Cultura y Sociedad, Actualidad Local, Comarca, Deportes y OPINIÓN. Además de apartados divulgativos y de denuncia ciudadana. 

Podcast - Lalín e arredores

últimas entradas