O Scientia Lalín incrementa matriculados e inviste en infraestructura educativa.

Share on facebook
Share on twitter

250.000 euros de investimento, que se engaden a unha xa realizada de 150.000 permitirán, encetar  o “primeiro” curso do novo proxecto do antiguo Sagrado Corazón. Scientia Lalín vai contar en 2021/2022 con 226 alumnos grazas ás 30 novas matrículas. A propiedade e directivos  pretenden que as familias  “vean al centro como alternativa cuando busquen un colegio” en Lalín.

O director xeral do Grupo Scientia School, Francisco Guerrero, visitou onte as obras de reforma que están a acometer no Colexio Scientia Lalín para escenificar o comezo dunha “nova época” que vai a invertir a tendencia de perda de alumnado dos últimos anos;   “hai 40 novas familias que decidiron vir e matricular aos seus fillose fillas no noso colexio”, enfatizou Francisco Guerrero, que compareceu diante dos medios de comunicación acompañado polo director pedagóxico do grupo, Miguel Ángel Guerra, e pola directora do centro lalinense, Belén Villanueva. “O primeiro obxectivo de Scientia é que cada vez que un pai ou nai de Lalín ou da comarca teña que pensar nun colexio onde levar ao seu fillo ou filla, teña na mente Scientia Lalín como unha alternativa”, subliñou.

O director xeral de Scientia School explicou que os tres eixos sobre os que se está a artellar o novo proxecto educativo do colexio son “cambio, sustentabilidade e innovación”. Segundo precisou, o cambio pasa tanto pola reforma das instalacións como pola incorporación do novo equipo directivo, ao que lle agradeceu “o gran esforzo e traballo” realizado nos últimos meses, o que está a permitir “que se comecen a ver os resultados”. En canto ás obras, sinalou que ata a data o Grupo Scientia School leva investido máis de 150.000 euros en pequenos arranxos -calefacción, pintura, mantemento, etc.- e que no verán investiranse outros 250.000 euros para “dignificar as instalacións do centro”. “Estamos a concentrar todo o esforzo na Escola Infantil, que é unha demanda para favorecer a conciliación nesta comarca”, precisou antes de explicar que este servizo pasará a ocupar a zona de entrada do colexio.

En segundo lugar, Francisco Guerrero referiuse á sustentabilidade do colexio como o segundo eixo do proxecto de revitalización: “Este centro ten que ser sutentable economicamente. Comezamos a investir en obras e non queremos que se pense que imos especular co edificio. Vimos para volver falar de educación e porque non queremos despedir a ninguén, xa que o noso obxectivo é que veñan máis alumnos e alumnas. Este centro ten hoxe unha ratio de profesores/alumnos moi elevado, pero a nosa aposta non é seguir baixando profesores, se non que vaia medrando o número de alumnos”. Tamén apuntou que a innovación será o terceiro eixo estratéxico, entendida tanto no “deseño de novos espazos educativos” como no eido da implementación de novas tecnoloxías.

Sobre Lalín.net

lalin.net está dirigido por el editor de la página de Facebook homónimo, cuenta con secciones de Medioambiente, Cultura y Sociedad, Actualidad Local, Comarca, Deportes y OPINIÓN. Además de apartados divulgativos y de denuncia ciudadana. 

Podcast - Lalín e arredores

últimas entradas