Nova captación de augas do Deza: cara o esgotamento dun río

Share on facebook
Share on twitter

Realizar unha nova captación de augas en Lalín, sitúandoa no río Deza, augas arriba da praia fluvial de Pozo do Boi, custará 1.947.678 euros, así o reflicte o estudo de viabilidade de captación no río Deza nun informe, elaborado por Augas de Galicia a petición do Alcalde Crespo Iglesias.  Nin as cifras nin o estudo proxectan os enormes custos de bombeo para enlazar esta coa actual de Botos, nin analizan o impacto ambiental do proxecto. Logo da presentación, o Facebook Lalín filtrou o contido do informe e, despois ser criticado por diversas organizacións.

O BNG solicitou a paralización do concurso de redacción do proxecto da nova captación de auga. Aseguran que a captación «está dentro dunha Reserva Fluvial Natural de dominio público hidráulico», amais de non figurar na previsión de captacións das zonas de futuro abastecemento do Plan Hidrolóxico Galicia-Costa.

Vamos a analizar a problemática de abastecemento de auga de consumo doméstico no concello de Lalín, certos aspectos dese Informe de Viabilidade e como non, as repercusións que tería esa nova captación de auga no caudal do río Deza.

Análise por Antonio Presas

O Informe de Viabilidade da nova captación do Río Deza

Este informe, elaborado por Augas de Galicia, a petición do alcalde de Lalín, non só é un instrumento manipulado para servir de xustificación para unha captación moi cuestionable, senon tamén, un compendio de arbitrariedades intencionadas e xustificadas.

Abaixo de Cristimil xúntanse os rios Deza e Asneiro, no sitio denominado Xunta dos Ríos. O Deza Superior nace entre os Montes do Testeiro e a Serra do Candán e proporciona auga, para consumo doméstico ao, concello de Silleda.  A captación atópase no cauce do río Deza a escasa distancia da Xunta dos Ríos.

Actualmente o concello de Lalín pretende, co beneplácito da Xunta de Galicia, efectuar esta nova captura, nese mesmo río, na parte de arriba de Pozo do Boi, á altura de Gondoriz.

Se seguimos o curso do río Deza, entre ámbolos dous puntos de captación tan só hai unha distancia de 10,5 Km, que en liña recta redúcese a 6,5 Km. Unha situación que plantexa demasiadas preguntas e conta con moi poucas respostas pois non queda demostrado que o río Deza teña capacidade suficiente para soportar dúas captacións de auga para dous concellos distintos, e cómo afectaría isto ao caudal do mesmo durante os meses de verán, na que o nivel de auga dos ríos é moi baixo, e podería dar lugar a que non se poida garantir o suministro nin para os de Lalín nin tampoco para os de Silleda.

Amais, no caso de que o concello de Lalín dispoña desta nova traída, efectuada na zona de mellores augas do río, deixaría ao tramo inferior privado desas augas, empeorando a súa calidade.

No Informe de Viabilidade, e para xustificar a necesidade desta nova captación de auga no río Deza, pon un dos seus focos na futura poboación de Lalín. Segundo o documento, nos próximos 25 anos (ata o ano 2044) a poboación residente en Lalín será practicamente a mesma ca de agora, é decir 20.218 habitantes, segundo o censo de 2019.

Porén, se temos en conta o Crecemento Natural (CN) e a forma da Pirámide de Poboación, todo apunta a que no ano 2040 o noso concello perderá arredor de 2.000 habitantes e baixará polos 18.000 habitantes

O Crecemento Natural (os que nacen menos os que morren cada ano), dende a década dos anos 80 non fai máis ca decrecer (o número de falecidos é superior ao de nacidos), polo que a poboación de Lalín non se repón, e unicamente mantén os seus efectivos demográficos grazas á inmigración.  O despoboamento rural, unido á desaparición de unidades de explotación agropecuaria deixa sen base calquera poosibilidade de incremento da poboación nas aldeas. Cada vez quedan máis aldeas vacías e iso repercutirá enormemente nos efectivos demográficos.

A Pirámide de Poboación medra en forma de «fungo» e iso é unha sinal inequívoca de que o Crecemento Natural seguirá sendo cada vez máis negativo. Isto é: non hai reposición poboacional.

Ante esta situación non cabe esperar que a poboación do concello se manteña, senón que diminuirá, polo que, nestes termos, non se xustifica unha nova captación de auga no río Deza.

No informe, non se fai referencia a estes datos, pero si recorre a «poboación estacional», aquela que ven de forma transitoria durante unha tempada, por exemplo unha semana ou un mes de vacacións. O documento fai referencia a que existen en Lalín 1.183 vivendas secundarias que de estar ocupadas todas ao mesmo tempo (case improbale) farían subir a poboación en 4.732 habitantes (4 por vivenda).  A todo isto súmanlle a capacidade hoteleira máxima de 433 prazas e fai subir a poboación a 5.165 habitantes, que sumados aos 20.000, temos unha pobaoción ocupa de máis de 25.000 habitantes.  E todo isto sen ter en conta a poboación de Lalín que se marcha no verán, nos meses de vacacións.

Uns datos que se reflicten no Informe para xustificar a necesidade de facer a captación en Pozo do Boi, baseados en supostos e con moi pouca probabilidade de que poidan darse, no tocante de basearse en datos reais.

 

Canalizacións antigas e consumo irracional da auga

O concello de Lalín, para seguir dispoñendo libremente dun recurso limitado e cada vez máis reducido, planea realizar esa captación no río Deza, secuestrando un caudal notoriamente insuficiente durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Estamos a raptar o último recurso fluvial que nos queda a cambio de non facer nada por remediar a situación xeral que evidencia que non hai un consumo racional da auga, porque se considera como un recurso abundante e inesgotable e como consecuencia dese abusivo consumo derívase unha elevada contaminación dos propios recursos.

O abastecemento de augas de consumo doméstico atópase, na actualidade no noso concello ante varias problemáticas:

1- O consumo de auga vai en aumento, porque non se teñen adoptado medidas restrictivas.

2- Non se fomenta o necesario aforro de auga e os recibos de subministro van por tramos (bloques).  Hai moita xente que di que debe consumir o «minimo», que xa é bastante alto, porque ten que pagar o mesmo.  Isto leva a un despilfarro evidente.

3- Hai un importante consumo invisible (regadíos fraudulentos, enganches clandestinos na rede, pisos sen contadores, etc).

4- Utilización da auga de consumo doméstico para outro tipo de finalidades: abastecemento e limpeza de cortes, granxas, encher piscinas no verán, etc.

5- Consumo desmedido en determinados espazo públicos, ….

E por outra banda está tamén, en non por elo menos importante, a cantidade de auga que se perde polas vellas canalizacións da rede de distribución de auga lalinense. O dato oficial sitúa moi por riba do 30 % o caudal de auga que se “filtra” por esas canles. Un dato do máis preocupante, pois de cada 100 litros que se capta para o suministro de auga de uso doméstico no noso concello, 30 litros nunca chegan a ser usados e pérdense, ou máis ben despilfárranse.  A sustitución de canalizacións é unha necesidade, e suporía un aforro económico, de auga (lembremos, un ben escaso e limitado) así como tamén minimizaríanse os riscos sanitarios en caso de roturas ou fisuras pois as tráytase de canalizacións que xa esgotaron hai tempo a súa vida útil e en moitas delas empregaban na súa composición amianto.

Sobre Lalín.net

lalin.net está dirigido por el editor de la página de Facebook homónimo, cuenta con secciones de Medioambiente, Cultura y Sociedad, Actualidad Local, Comarca, Deportes y OPINIÓN. Además de apartados divulgativos y de denuncia ciudadana. 

Podcast - Lalín e arredores

últimas entradas