NIVEL ALTO DE RESTRICCIÓNS POR #COVID E PETICIÓNS DE COMPROMISO

Share on facebook
Share on twitter

Con Lalín encamiñado  aos 60 casos activos,  a vila  xa está en nivel alto de restriccións, con medidas restrictivas activas dende este sábado, ocorre ás portas do “mes grande de festas” (ou «non festas») como Montserrat e Dores e as celebracións do Cocido e o previsible record de atraccións na segunda quincena. Conxunto de situacións que poderían desbocar a transmisibilidade do virus e a súa extensión, como xa aconteceu en Melide (fonte de moitos dos contaxios de Lalín e A Golada, como xa acontecera o pasado ano) e que sitúan os reencontramos familiares, os botellóns e os eventos masivos non estáticos como principal Fonte de contaxio.

COMPROMISO PIDE DECISIÓNS

O Grupo Municipal de Compromiso por Lalín solicita que na Xunta de Voceiros convocada para o próximo martes se trate a situación da pandemia no concello, ademais pedir a presenza dun representante sanitario da Comisión do COVID municipal. Así, será posible debater e analizar as medidas sanitarias a tomar para a celebración das Festas Patronais. Trátase dunha petición que se fixo formalmente por entrada de Rexistro do Concello.

Compromiso por Lalín insiste en que apoiará as medidas que tome o goberno local neste sentido, substentadas no ditamen da Comisión, “da que non nos constan reunións as últimas semanas, a pesar da situación pandémica en Lalín”. o Grupo Municipal quere deixar claro que, lonxe de querer a suspensión das festas, “o que queremos son garantías sanitarias para os nosos veciños, e que a hostalaría non pague de novo unha situación que non provocou”. Do mesmo xeito, a organización amósase cansa de que as restricións impostas en Lalín ao pasar ao nivel alto sexan pagadas por un sector que, unha vez máis non é responsable da situación. Ademais, engade que se é prexudicado novamente, “debe ser compensado con axudas por parte das distintas administracións”.

 

Sobre Lalín.net

lalin.net está dirigido por el editor de la página de Facebook homónimo, cuenta con secciones de Medioambiente, Cultura y Sociedad, Actualidad Local, Comarca, Deportes y OPINIÓN. Además de apartados divulgativos y de denuncia ciudadana. 

Podcast - Lalín e arredores

últimas entradas