MEDIO ANO DESPOIS… SEGUIMOS!

Share on facebook
Share on twitter

… estamos satisfeitos. Medio ano despois de poñer en marcha a páxina web lalin.net, e logo de dous anos largos de unha certa intensidade na actividade da páxina de Facebook homónima, que acada xa os 3000 seguidores, e o que é máis importante, uns alcances das publicacións realizadas de entre 10 e 20.000 persoas (cada 28 días, período de medición Facebook).

 

Dicíamos no noso EDITORAL de estrea que este “soporte de comunicación” era un lugar  “dende o que compartir novas e todo tipo de cuestións… só é condición que sexan de interese xeral ou de servizo”. Do mesmo xeito, subliñabamos que “Medioambiente e temas socio – sanitarios (terceira idade, menores, sanidade…) serán asuntos prioritarios. E por suposto medio rural e turismo…”

O noso horizonte non pasa por ser competencia de ninguén, nin de adiantarnos a outros, nin de producir cantidades “asobaiantes” de información… como tamén subliñamos entón: “Por riba de calquera outra consideración o noso obxectivo fundacional é contribuír a unha sociedade crítica co que lle rodea e afecta. Carecemos de vínculos políticos ou de afiliación de calquera tipo e consideramos unha prioridade o dereito a informar e opinar (dende o respecto e a profesionalidade, como comunicadores de profesión que somos) e a participar de xeito activo nos procesos de decisión”.

A piques de cumprir seis meses de actividade da web, está plenamente consolidado o proxecto, afrontaremos unha segunda fase logo do verán; pero estes días xa empezaremos a publicar informacións de servizo público que os seguidores nos teñen suxerido incorporar… Pero os nosos obxectivos seguirán sendo os mesmos: aportar, contribuír, compartir, apoiar

Aportar contidos con claro senso informativo, poucas publicacións pero con calado, habitualmente cuestións non abordadas por outros medios.

Contribuír a espertar e avivar conciencias críticas da nosa veciñanza, respecto das estructuras de poder e xestión pública… pero tamén das deficiencias dos representantes políticos (sexan goberno, oposición ou aspirantes, nomeadamente no eido ambiental).

 

Apoiar, a aqueles que fagan algo polo progreso sostible de Lalín, que ambicionen un progreso respectuoso co medio ambiente e os dereitos sociais… e que “non miren para outro lado”.

 

Compartir, aquelas informacións, novidades, opinións… que (sendo publicadas por calquera medio ou soporte de comunicación) aporten algo aos tres obxectivos anteriores.

 

Seguimos… GRAZAS!

Sobre Lalín.net

lalin.net está dirigido por el editor de la página de Facebook homónimo, cuenta con secciones de Medioambiente, Cultura y Sociedad, Actualidad Local, Comarca, Deportes y OPINIÓN. Además de apartados divulgativos y de denuncia ciudadana. 

Podcast - Lalín e arredores

últimas entradas