-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
Unhas 2.500 persoas citadas para realizar un cribado de antíxenos en Lalín
Fecha 09/02/2021
Dende mañá mércores e ata o venres 12 de febreiro unhas 2.500 persoas de Lalín están citadas para realizar un cribado de antíxenos. A citación, que será aleatoria, comprenderá as franxas de idade entre os 31 e os 50 anos, seguindo así criterios epidemiolóxicos.
A aprobación deste cribado entre os vecinos e veciñas lalinense, dá resposta á petición formulada hai uns días na Comisión Municipal da Covid pola responsable do centro de saúde e pola concelleira de Sanidade.
Os participantes deste cribado, listaxe que realiza o Sergas e citados mediante unha mensaxe, deberán acudir ao Lalín Arena no horario marcado na citación, que será de tarde.
A convocatoria deste cribado de probas de antíxenos Covid-19, realízase xusto na semana na que se confirmaron o maior número de casos activos no noso concello, por elo, dende Lalín.net apelamos á responsabilidade de todos os convocados para que acudan a realizalas probas.
Probas complementarias nas farmacias
Este cribado do Sergas será complementario ao que a partir hoxe comeza a facerse nas famarcias da zona para detectar Covid en persoas asintomáticas. Neste caso, este cribado masivo e de balde, abrangará, polo de agora, á poboación comprendida entre os 40 e os 64 anos, e quedan excluídas todas aquelas que presenten síntomas compatibles co virus, sexan contacto dun positivo, que padeceran a enfermidade nos últimos tres meses ou as persoas que realizaran unha proba PCR nos últimos 15 días.
A recollida de mostras de saliva para realizar estas probas poderánse solicitar en oito farmacias de Lalín:
- David García Curros (Avd. Luis González Taboada, 34): 986 782 053
- Alberto Granja (Avd. Montserrat, 46): 986 787 090
- María Oliva Punín (Colón, 1): 986 780 045
- Beatriz Ferreiro Calvo (Loriga, 14): 986 781 249
- José Ramón Carballude Taboada (Matemático Rodríguez, 11): 986 787 178
- Inés Elena Madriñán Batán (Principal, 15): 986 780 332
- Carmelo Ramón Parrado (Prado): 986 794 239
- María Jesús Santorum (Vilatuxe): 986 784 490