-
lalin.net o teu portal de información
FOTO DENUNCIA
Unha práctica vergoñenta
Fecha 28/11/2022
Árbores irresponsablemente sometidas a poda salvaxe (na pseudo peatonal), no canto de podas de conformación e mantemento.
As podas salvaxes non rexuvenecen á árbore, senón que estresan e producen un grave dano á estrutura, á seguridade e á saúde do arbolado. As podas drásticas producen unha sobreabundancia de crecemento anormalmente rápido, signo de que a árbore está sufrindo un trauma, e reacciona cun crecemento antinatural nun intento desesperado de reemplazar a follaxe que perdeu a causa dunha poda excesivamente severa. Este tipo de accións tamén aumentan a posibilidade de infección por fungos no interior da árbore, producindo o avance da putrefacción e a enfermidade de forma rápida.
As árbores urbanas proporcionan sombra para baixar a temperatura nas cidades e vilas, filtran o aire contaminado (resultado da conducción dos vehículos), serven de refuxio á fauna local, drenan a auga do solo e fan máis sostible a contorna… e Lalín non vai nada sobrado neste sentido.