-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
UN AVOGADO DE UNIÓNS AGRARIAS NEGA, EN NOME DE COBIDEZA, A EXISTENCIA DE DEBEDAS DESTA CON XUNCOGA E QUE O LEITE VAIA A FRANCIA.
Fecha 12/08/2022
O Avogado ISAAC J. LEMUS CIBRÁN con domicilio na sede galega de Unións Agraria – UPA, sindicato no que ten cargo orgánico o Presidente de Cobideza Román Santalla, (polo que ante esta evidencia damos por bo o apoderamento e representación), nun escrito dirixido ao editor de Lalín.net di actuar no nome da Cooperativa “COBIDEZA” de Lalín, ven de dirixirse ao editor do portal Lalín.net e á páxina homónima de internet, solicitando o exercicio do dereito á rectificación dunha publicación do 4.8.22, baixo o título: “LA MOROSIDAD, CON COBIDEZA A LA CABEZA, PONE EN RIESGO EL COOPERATIVISMO DEZANO”, en base á Lei orgánica 2/1984, de 26 de marzo de exercicio ao dereito de rectificación.
O ESCRITO CONCLÚE e SOLICITA:
“… de acordo co establecido no artigo 2 da LO 2/1984, e facendo reserva expresa do exercicio das accións penais ou civís, incluía a reclamación de danos e prexuízos polo dano reputacional no mercado, que puideran asistir a COBIDEZA polas informacións difundidas, SOLICITO A INMEDIATA RECTIFICACIÓN da noticia publicada en “LALÍN.net Portal de información local” nos seguintes términos:
1. Que as informacións que se recollen na citada noticia e aludidas no punto terceiro deste escrito son falsas, en tanto que COBIDEZN non ten tal débeda “activa e persistente” con XUNCOGA por importe de máis de 600.000 € e, igualmente, que COBIDEZA non vende leite a Francia.
2. Que esta rectificación, nos términos expostos, debe levarse a cabo coa mesma relevancia a aquela en que se publicou ou difundiu a información falsa cuxa rectificación se solicita.
Santiago, 11 de agosto de 2022
Isaac J. Lemus Cibrán”
. . . . . .
Dado o interese, e por recoñecer o intenso traballo aclaratorio que desprega o letrado, o editor de lalin.net procede, no día seguinte á súa recepción, a elo (e reproduce, en documento adxunto a esta publicación a totalidade do escrito), aclarando que:
1.- Se procede a publicar o devandito escrito na súa totalidade, como imaxe e enlace de cada un dos tres folios dos que consta… entendendo que a solicitude dá por solventada calquera limitación relativa á Ley de Protección de datos.
2.- Amosaríase encantado de respostar, en sede xudicial, a calquera petición de aclaración (xa que elo permitiría o análise contable público das contas das dúas organización citadas) e a verificación da documentación contable e comprobación fehaciente, do afirmado pola información que se desminte na misiva do letrado.
3.- Con todo lalin.net, e por contribuír a disipar dudas sobre ese extremo, non renunciará a publicar en vindeiros días, documentación probatoria da afirmación realizada sobre a débeda sobre a que se informa (facturas pendentes de pagamento, de Cobideza a Xuncoga, a día 1 de agosto de 2022). Poñendo sempre o interese xornalístico por riba das advertencias que tomamos en consideración. Así como a desvelar contactos entre as organizacións citadas, esta mesma semana (e o seu contido). Sobre o outro desmentido...
4.- O editor recoñece a inexactitiude das afirmacións (POLO QUE SE SOLICITAN DISCULPAS E SE FAI NESTE ACTO ACLARACIÓN EXPRESA) sobre a “nacionalidade” de RenyPicot (Industrias Lácteas Asturianas – ILAS, Antes RenyPicot SL). Técnica e xurídicamente, evidentemente, “non é unha empresa francesa”, aínda que conta con abundantes intereses, mercado e factoría no país galo, e o leite en po é unha das súas prioridades comerciais que lles permite “controlar” parte do “mercado residual” lácteo. RenyPicot é a marca dunha industria láctea con sede en Anleo– Navia – Asturias, con intereses comerciais en USA, México, Portugal, China Polonia e, nomeadamente, Francia. Forma parte dos seus novos directivos en Francia, onde ten unha das plantas máis importantes da súa rede industrial. A compañía caracterízase polas súas baixas ventas de leite líquida (a mayoría en po, xunto a queixo ou manteiga). Unha redacción inaxeitada da información levounos a “afrancesar” a súa “nacionalidade” xa que os seus intereses e vinculacións comerciais e ate de “CULTURA EMPRESARIAL” están sobradamente afrancesadas (tanto como o seunome/marca comercial). Cobideza mantén un contrato cunha multinacional española especializada, e líder mundial, na transformación de leite nun sub-producto: leite en po con principal destino en Francia e agora China.
O liderazgo desta multinacional na produción do leite en po, que inclúe a transformación deste leite que se envía dende Lalín (considerada de primeirísima calidade proteica e en graxas, e que debería estar competindo en prezo e calidade no mercado cos leites superiores), acaba sendo rebaixada principalmente a un sub-producto en pó de segundo ou terceiro nivel alimentario, en base á estratexia de prezos que practica a multinacional... que aproveita a guerra de prezos das grandes compañías lácteas (que destrúen a economía leiteira con prezos moi baixos) pra facerse co que se consideran coma excedentes lácteos e comprar, así, leites de altas calidades a prezos moi inferiores ao que lle corresponderían. Chama a atención que Unions Agrarias, nos últimos anos, ten suavizado moito a súa confrontación, xa case inexistente, con esta multinacional... que firma contratos millonarios cunha cooperativa que ten un dos principais directivos deste sindicato como responsable, mentres outros organizacións agrarias seguen a denunciar practicas abusivas de esta compañía.
Dercargar escrito de exercicio de dereito de rectificación citado


