-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
SOLUCIÓNS MEGALÓMANAS PARA AGOCHAR PROBLEMAS ESTRUCTURÁIS
Fecha 17/04/2021Bruxelas vai vixiar de cerca a hipotética captación de auga do Deza para «abastecer» ou alimentar á traída antigua de Botos e, de aquí bombear a Lalín… Unha opción adoptada sen máis apoio técnico que a decisión unilateral do alcalde, que trasladou a Augas de Galicia a petición de facer un informe dirixido e condicionado: analizar a mellor solución, pero limitando as opcións a estudar a un só río e a dous puntos de captación: Cabanas ou Pozo do Boi no Río Deza. Con esas directrices (e este «amplo abano de posibilidades») Augas de Galicia segué adíante co proxecto, mentres o alcalde se adica a atacar a ecoloxistas; Augas de Galicia mira cara outro lado á espera de que sexa Europa quen enmende a plana a Crespo Iglesias, e así evitarlle á Conselleira de Melide (ese Concello de ríos contaminados e vertidos continuos grazas á súa gestión de anos na materia como o caso Furelos) o non ter que darlle plantón a Xosé Crespo.
Sobre esta cuestión quixemos coñecer a opinión da primeira persoa que alertou dos seus riscos ambientáis,o biólogo Martiño Nercellas, para o que «o caso da megalómana idea de bombear auga dende o Deza, en Vilatuxe, a Lalín, extraída dun treito de río catalogado de alto valor ecolóxico e reserva fluvial especial, pois se a Xunta e Alcalde de Lalín tiverán a mesma ansia por modernizar e sanear toda a rede de abastecemento da auga, incentivar o consumo responsable da auga, e poñerlle freo aos excesos, e preocuparse por como reducir a contaminación dos puríns, Lalín contaría co triple de recurso hídrico e, no tempo, resultaría o triple de barato na factura de auga. O seu modelo insostible, sen solucionar os problemas actuais da rede, conducirá no futuro a un colapso da rede de abastecemento, para o que finalmente terán que meterlle man e derivará noutro esaxerado sobrecuste, para acabar facendo prescindible captacións quilométricas de alto custe de mantemento.Mentres tanto, asistiremos á vulgarización do río Deza, grazas a políticos de formato xestor anacrónico, mentres aqueles que somos de espiritú ecoloxista añoraremos a riqueza ecolóxica e recursos naturais que tiñamos e que que non se souberon coidar e aproveitar racionalmente…»