-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
Rafael Cuíña: o actual “é un goberno que non ten proxectos propios e intenta desvirtuar os dos demais incumprindo o pactado”
Fecha 05/03/2021Para o coordinador de Compromiso por Lalín, Rafael Cuíña, o goberno actual da localidade está a desvirtuar os proxectos de obras e remodelacións como o das rúas de Monte Faro, Maruxa Gutiérrez, a Rúa Calzada e a de Memorias dun neno labrego. Uns proxectos, lembra Cuíña, que “foi un paquete consensuado entre o goberno anterior e o entón partido da oposición, o Partido Popular”. “A rúa Memorias foi a única que pediu expresamente o PP, e que agora se cae. Xa nos parecía raro naquel momento da negociación, porque non hai veciños, e pretendían que enterráramos 188.000 euros máis o custo do proxecto nunha zona sen veciños, que non luciría electoralmente”, apunta o líder de CxL. Para Cuíña o sucedido, o de non levar a cabo as obras na Rúa Memorias, “é a confirmación do que precisamente pretendía o PP naquel momento” e é unha mostra máis “que non é leal e é a demostración de que non se están cumprindo coa acordos aos que se chegou no pasado mandato”.
Sen proxectos novos, incumrpindo acordos e rebaixando a calidade nas obras
Rafael Cuíña tamén fai referencia ás últimas noticias publicadas sobre as rúas con plataforma única. Explica que “non hai ningunha novidade” pois “os nosos proxectos e que liderou neste caso Paco Vilariño, xa ían estas plataformas, non é absolutamente ninguna novidade”.
Para Cuíña o goberno actual non está cumprindo co acordado neste paquete de proxectos, e amais indica que “non ten proxectos propios, e desvirtúa os dos demais». Lembra que as obras en Calzada, Monte Faro, Maruxa Gutiérrez e Memorias veñen do pacto de 2018, ou as do entorno da igrexa de Donramiro e Lalín de Arriba tamén son proxectos do mandato anterior. Amais insiste en que o goberno de Crespo está a modificar proxectos aprobados anteriormente e “rebaixa as calidades” en proxectos como a avenida Xosé Cuíña ou Principal e Loriga. Indica sobre esta última que “vai con retraso, unha vez máis por erros técnicos do concello, e á que se presentaron máis de 20 ofertas” uns traballos di financiados por Edusi (Estratexias de Desarrollo Urbano Sostible e Integrado) e conseguidos polo goberno anterior. Critica amais os atrasos que acumula a urbanización da Rúa Manuel Rivero, “que houbo que levantar de novo para instalar conexións de Naturgy”.
“É decir non se coñecen proxectos deste goberno que se estén executando ou en previsión xa que non veñan do mandato anterior, e non están sendo leais porque están intentando modificar todos: uns cambiándoos outros rebaixando”, indica Rafael Cuíña.
Incumprimento co párking e sen un plan serio de mobilidade para Lalín
O coordinador de CxL, acusa ao PP de incumprir tamén a súa promesa no tocante a gratuidade do aparcadoiro, que en palabras de Crespo non chegaría ata o terceiro ano de mandato e que tampoco será de 24 horas, ainda que o custe “de 100.000 sería asumible para o mandato do Partido Popular pero que non o quixeron facer”. Di Cuíña que no seu día “xa dixera que era unha aberración, que tiña que haber rotación e non un cemiterio de coches” e lembra que foi o goberno anterior o que recuperou o funcionamento de novo do aparcadoiro e xa establecera a gratuidade do mesmo nas franxas horarias comerciais.
Tamén fai referencia sobre o asunto da zona azul na Rúa Matemático Rodríguez, no que lle pide ao rexedor actual “un plan de mobilidade serio” e recórdalle que “as rúas non son dos comercios nin dos veciños desa zona. As rúas son de toda Lalín porque afectan á mobilidade de toda Lalín” en alusión ás firmas recollidas para establecer a zona azul nesa rúa en concreto na que das 18 firmas a “metade son de comercios de membros da mesma familia”. Engade que é respetable pero “non representan aos centos de veciños que viven nas mesmas rúas e xa non digamos aos 20.000 veciños do concelllo de Lalín”.