-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
Rafael Cuíña cuestiona os Orzamentos da Xunta para Lalín
Fecha 04/11/2022
Rafael Cuíña, coordinador de Compromiso por Lalín (CxL), cuestiona os Orzamentos da Xunta para Lalín indicando que son “propaganda en tempos electorais” e, unha vez se comezan a analizar, supoñen condenar ao municipio a que proxectos que tiñan que estar feitos hai bastante tempo aínda non teñan data de remate, sendo aprazados para os próximos anos. Así, Cuíña destaca que estes orzamentos son “fume para o presente” e condenan a Lalín durante máis anos a cuestións que tiñan que estar feitas cando menos hai un lustro.
Para comezar, destaca o tema das obras de saneamento, ao que van destinados teoricamente 6 millóns de euros. Neste sentido, lembra que no ano 2017 “se nos trasladou por parte do Goberno galego que había 4,5 millóns de euros para saneamento integral de Lalín e que non fixésemos ruido político con este tema porque se estaba traballando e os propios técnicos tiñan medo de que se metese a política polo medio”. Cuíña destaca que este tema foi freado pola Xunta de Galicia conscientemente porque non gobernaban eles. Así, condenaron a Lalín por cuestións políticas a non ter avanzado ou feito este tema neste ano 2022. Porén, esta cuestión tiña que estar feita dende hai cinco anos.
Por outra banda, destaca o edificio de servizos rurais, que estaba xa orzamentado. Indica que “levamos coa matraca deste edificio dende o ano 2011”. Con todo, estase a anunciar agora a final de mandato por cuestións evidentes. Condenouse a Lalín durante moitos anos a non ter este edificio en medio rural, con persoas que non podían acceder por discapacidade, e o que pretenden é “vendernos unha moto que non sei se algún día chegará a arrancar”.
Outro tema que lle molesta a Cuíña é a ampliación do Polígono de Lalín 2000. Destaca que os empresarios “estamos condenados” e que apenas é posible medrar en Lalín (tanto dos traballadores como das empresas). O que se está intentando vender como un logro é “precisamente a condena a máis anos sen chan industrial en Lalín”. Por outra banda, menciona a partida do Centro Integral de Saúde (CIS) de 7 millóns de euros. Insiste en que foi un traballo entre dous gobernos e “nós conseguimos firmar o convenio do CIS, que está vixente e que dicía que tiña que estar rematado a finais do ano 2019”, é dicir, hai tres anos.