-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
Proposta de moción de Cs Lalín para garantizar transparencia na vacinación contra a COVID -19
Fecha 13/02/2021
O responsable de Cs en Lalín, Alberto Senande, anuncia que a súa formación acaba de presentar unha proposta de moción no Concello para garantizar a máxima transparencia na vacinación contra a COVID-19 e que “impulse un compromiso ético para que as formaciones políticas da localidade aparten a calquera cargo público ou orgánico que incumpra os protocolos para vacinarse”.
Senande explica que logo dos casos de políticos que se vacinaron cando non lles tocaba, un feito que califica de ““indignante e intolerable”, “debemos ser transparentes e exemplares”, en engade que todas as formacións políticas lalinenses deben mostrar o seu compromiso ético ante elo. Pide “a todos os partidos desta localidade que se comprometan a ser transparentes e exemplares neste senso”.
Con esta proposta de moción, o responsable de Cs quere evitar que en Lalín se poida repetir o mesmo escenario: “o goteo de políticos e outros altos cargos saltándose o protocolo ou beneficiándose do seu cargo para obter a vacina antes de que sexa suministrada a moitas persoas que realmente o precisan”.
Transparencia e compromiso ético por parte de todos os partidos políticos e a todos os niveis de goberno que de non cumprirse o protocolo, deben asumir as súas responsabilidades e “abandonará o seu posto de maneira automática”, engaden dende a formación de Cs Lalín.