-
lalin.net o teu portal de información
LALINENSES ILUSTRES
Padre Odilo González González
Fecha 12/08/2025
Padre Odilo González González (Donramiro, 1941). Padre pasionista e "peregrino da selva amazónica", coma él mesmo se define, é fillo de Claudio o do Empalme, coñecido por ter sido subdirector da Banda de Música de Lalín e director da Banda dos Veteranos, alá pola década dos setenta. En setembro do ano 1952 (data que coincide coas "súas" Festas do Montserrat, ás que acode sempre que pode) deixa o seu Empalme de Donramiro para marchar ó Mosteiro dos Picos, en Mondoñedo. Alí inicia os seus estudos eclesiásticos, que remata en 1964 no País Vasco, onde ademais profundiza nos estudos musicais (co tempo, e alén da tarefa pastoral e docente, chegará a dirixir corais como a de Catoira).
Con 70 anos ás súas costas, leva 22 desenvolvendo a súa tarefa pastoral na selva peruana, no Departamento de San Martín de Loreto, namorado das súas "xentes humildes e sinxelas". Dende a cidade de Tarapoto atende 27 comunidades que integran preto de 3.000 fieis, a maioría nenos e mozos.
O padre Odilo é un comunicador infatigable: autor de bolggs, presenta espazos radiofónicos e colabora con publicacións relixiosas e sociais do seu país de adopción. Non elude a crítica razoada cando é preciso. É o caso da feita recentemente ó presidente Alan García, logo do anuncio deste de erixir unha “monumental” cruz na honra do coñecido como Cristo do Pacífico. Daquela afirmou: "Lo que me sorprende es que la ocurrencia de erigir este gran Cristo haya surgido de un presidente cuyo Gobierno ha intentado juzgar, condenar y expulsar del país (aunque sin éxito) a misioneros de la Amazonia peruana, que vienen dando, desde hace décadas, lo mejor de sí mismos para implantar el reino de justicia y paz proclamado por el Cristo del Pacífico [...]".
O noso protagonista profesa un fondo cariño á vila de Lalín, á lingua galega e, particularmente, á súa parroquia de Donramiro. Cariño e afecto que non se resenten nin con algún plantón recibido das súas autoridades municipais, como a frustrada axuda municipal para contribuír á construción dunha capela e dun centro social na selva peruana.