-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
O colectivo que se opón ao “modelo galego” de plantas de biogás, sorprendido pola argumentación exposta por un xestor dese tipo de instalacións
Fecha 19/01/2026
En relación coas declaracións de Daniel Iglesias, director da planta de biogás Biogastur en Navia, na entrevista publicada no día de onte en La Voz de Galicia (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/agolada/2026/01/18/clave-biometano-entorno-vea-beneficios-molestias/0003_202601D18C3992.htm), a plataforma Stop Biometano Agolada mostra a súa sorpresa pola argumentación exposta. Fronte á falta de información rigorosa á cidadanía, a plataforma Stop Biometano Agoalada considera imprescindible crear espazos de debate público abertos á veciñanza. Nesa liña, o vindeiro 24 de xaneiro, ás 18.00 horas, no Casino de Lalín, celebrarase unha charla informativa baixo o título “Plantas de biometano: solución ou desfeita?”, presentada e moderada pola xornalista Laura Moure (Ecos da Comarca), coa participación de Xoán Castro, Daniel L. Vispo, Xosé Mariño e Eva Buxel. O encontro está organizado pola Plataforma Ulloa Viva, coa colaboración de O GrelA, Cultural do Deza, e ten como obxectivo achegar información rigorosa e favorecer un debate fundamentado sobre os impactos destas instalacións no territorio.
Dende a plataforma Stop Biometano Agolada manifestan que a entrevista do responsable dunha instalación de biogás que leva anos en funcionamento nun territorio xa afectado polos seus impactos non pode ser interpretada como unha achega técnica neutral nin como unha opinión desinteresada. Segundo indican, trátase dun discurso formulado desde a posición dun xestor directamente implicado nun sector económico concreto, cunha clara defensa dun modelo industrial que se pretende estender por múltiples puntos do territorio galego, entre eles Agolada e o conxunto da comarca do Deza. Sinalan que as súas palabras deben, por tanto, ser contrastadas coa experiencia real doutros territorios, cos datos científicos dispoñibles e coa vivencia directa da poboación afectada, aínda que agradecen que recoñeza que esta industria “é obvio que vai ter certo impacto”. Tal e como declara a plataforma, esta afirmación resulta “relevante nun contexto no que os promotores destas plantas adoitan presentalas como infraestruturas limpas, sostibles e practicamente inocuas”. E engaden, “admitir impactos é admitir que non estamos ante unha solución neutra, senón ante unha actividade industrial con consecuencias ambientais, sociais e territoriais que deben ser avaliadas con rigor”.
Os veciños de Navia e Armental, territorio no que opera a planta dirixida por Daniel Iglesias, parecen estar moi satisfeitos coa súa presenza, como se pode deducir das súas propias declaracións públicas: “Aquí cheira case todos os días. É un cheiro que entra en casa e non sae, non hai quen o saque da roupa e da casa”; “Non sabemos o que vén á planta, hai un escurantismo total”; “Estaba pensada só para xurros, pero despois o Principado autorizou meter outras materias orgánicas, foi unha estocada, o que faltaba”; “Se a poñen ao 100% será imposible vivir aquí”; “Son veciña de Armental, estou a 2 km e cheira moito”; “Cheira moito peor que o xurro”; “Unha vez seco o dixestato, cando se molla tamén cheira moi mal”.
Como contraposición, Daniel Iglesias, na entrevista indica que non non lle molestan os cheiros da planta de Navia, ou ben o seu lugar habitual de traballo non está realmente na planta, polo que a plataforma lle recomenda encarecidamente que se realice unha revisión médica. Máis alá da ironía, a realidade é que existe unha abundante evidencia empírica que demostra que os problemas odoríferos son inherentes a este tipo de instalacións.
Non é a primeira vez que Biogastur aparece asociada a situacións controvertidas. En 2020, os traballadores da planta de Navia denunciaban publicamente estar “afogados, ata o pescozo, en situación penosa”, acusando á empresa de escurantismo e de adebedarlles cinco meses de salario e dúas pagas extraordinarias. Estes antecedentes tamén forman parte da realidade do sector.
A afirmación de que Galicia necesita esta industria para xestionar os excedentes de xurro contradí mesmo o afirmado por empresas líderes mundiais no sector do biogás e do biometano, como Veolia, que recoñece que os proxectos de metanización afrontan problemáticas moi similares ás dos propios xurros. Segundo diversos estudos científicos, a fertilización con materiais procedentes da dixestión anaeróbica pode incrementar a concentración de nitratos no solo entre un 30 e un 40% en comparación co xurro non dixerido.
Cómpre lembrar, ademais, que só arredor do 5% dos residuos se transforman en biogás, mentres que o 95% restante convértese en dixestato. Segundo a documentación das plantas previstas en Xunqueira de Ambía e Curtis, só aproximadamente o 50% da materia prima son xurros, polo que por cada dez toneladas de xurro que entran nas plantas poden saír ata dezanove toneladas de dixestato, cunha elevada carga de nitratos, metais pesados e antibióticos. Longe de solucionar o problema, amplifícase.
A solución real pasa por non permitir o aumento da cabana gandeira nas explotacións sen base territorial suficiente, unha medida que si se axusta ás directrices europeas de economía circular. Resulta especialmente contraditorio falar de falta de base territorial en Galicia cando os datos indican que esta comunidade figura entre as de menor concentración media de gando, cun claro predominio do modelo extensivo, especialmente no bovino. No Deza, e en Agolada en particular, os informes dispoñibles sinalan baixos niveis de contaminación por nitratos, precisamente polo peso dese modelo.
Tampouco se sostén o argumento de que o desenvolvemento do sector do biogás estea condicionado pola proximidade á rede de gas. O proxecto de Agolada sitúase a uns 50 quilómetros do gasoduto máis próximo. Outros factores, como o abandono das terras, a baixa rendibilidade agraria e a escasa oposición organizada, parecen ter un peso moito maior. Todo apunta a un intento da industria gasística de prolongar artificialmente a súa supervivencia mediante fortes subvencións públicas, nun momento no que países como Alemaña, Austria ou Suíza xa asumen que a maior parte das súas redes de gas quedarán inutilizables.
No ámbito económico, os supostos beneficios para os concellos son moi discutibles. Ao asentarse en chan rústico, estas instalacións tributan pouco polo IBI, adoitan contar con bonificacións elevadas e están exentas do IAE nos primeiros anos. O ICIO é un ingreso puntual. Fronte a isto, cómpre considerar o deterioro das vías polo tráfico pesado, a perda de actividade económica, o peche de negocios e o abandono poboacional. Nun concello como Agolada, con pouco máis de 2.200 habitantes, un descenso demográfico podería ter consecuencias políticas e financeiras graves, xusto cando se comezaba a falar dunha recuperación demográfica incipiente.
A experiencia doutros municipios demostra que estas plantas non fixan poboación. En lugares como Balsa de Ves, a perda de habitantes chegou a cifras próximas ao 40%. A deterioración da calidade de vida polos cheiros e polos problemas de saúde empurra a marchar a quen pode, mentres quen non pode queda atrapado cun patrimonio depreciado, nunha situación de indefensión intolerable.
En canto ao emprego, os datos de grandes investidores como Mapfre amosan un impacto moi limitado: pouco máis de tres postos directos e arredor dunha decena de indirectos por planta, cifras claramente insuficientes para compensar os impactos negativos. Os supostos beneficios para os gandeiros tamén son cuestionados polos sindicatos agrarios e por publicacións especializadas, que propoñen alternativas como puntos estratéxicos de acumulación de xurro e a súa redistribución cara a comarcas deficitarias. Ademais, existe un risco evidente de dependencia: o que hoxe parece un beneficio pode converterse mañá nun custo imposto.
A idea de que a tramitación destes proxectos é estrita e garantista choca coa experiencia doutros territorios, onde se detectan erros graves, falta de avaliación de impactos acumulativos e unha clara indefensión da poboación, agravada pola inexistencia dunha normativa estatal específica sobre contaminación odorífera. A isto engádense riscos industriais elevados asociados ao manexo de gases inflamables e tóxicos.