-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
O BNG CONTRA A PEAXE DE AUTOVÍAS, CRITICA QUE NIN SE ANALICE SITUACIÓN DA LALÍN – SANTIAGO
Fecha 17/05/2021
O BNG criticou hoxe a pretensión de cobro por utilización das autovías xa amortizadas. «Unha proposta que xa tiña previsto o PP de Mariano Rajoy e de Ana Pastor e que o goberno progresista de PSOE+UP recollen e a fan propia» e asociación esta decisión á chegada do «fondos anticrise europeos» .
Entre os argumentos que esgrimen para a súa implantación, sostenible a organización nacionalista «está o de que é unha medida “verde” ( ultimamente dentro deste concepto cabe de todo) porque pretende desincentivar o uso do vehículo privado. Outro, que é un modelo “xusto” porque o lóxico é que pague quen as utilice, non toda a cidadanía, a través dos seus impostos. Unha concepción neoliberal dos servizos públicos: que accedan a eles, quen os poida pagar».
O BNG explica que «pode ser que en Madrid utilizar o transporte privado sexa un luxo porque dispoñen de transporte público en abundancia, pero no noso país é unha necesidade pola ausencia de transporte público axeitado ás necesidade derivadas da dispersión da poboación e a ausencia dunha rede ferroviaria á altura do século XXI, especialmente para o transporte de mercadorías que faga competitiva ás nosas empresas».
Ao tempo o BNG denunciou que «cando no resto do estado a maior parte das autoestradas pasan a ser gratuítas, no noso país seguimos pagando dúas das autoestradas máis caras de España ( AP 9 e a AP 53). Cando aínda o goberno do estado non executou o acordo de investidura co BNG para rebaixar a peaxe da AP 9, nin se tratou o traspaso da AP 53 na correspondente comisión, pretenden que paguemos por autovías xa pagadas e amortizadas mentres o mesmo estado rescatou con 3.000 millóns de € as ruinosas radiais madrileñas. Aquí rescatase e faise público o que dá perdas e privatizase eternamente aquilo que dá beneficios ás empresas».
O BNG anunciou iniciativas nos concelhos contra a pretensión socialista de penalizar o uso das autovías galegas e de unión de Galicia coa meseta.