-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
O BNG ALEGA AS PRETENSIÓNS EÓLICAS
Fecha 26/04/2021No que o BNG cualifico como «un amplo documento de alegacións» a organización nacionalista cualifica de irracional e desproporcionada, a expansión eólica que se pretende executar en Lalín «á vista do grande número de proxectos que se están a tramitar, tanto a Administración Autonómica coma a Administración Xeral do Estado». Denuncian que «a situación resulta abusiva e insostible, cunhas repercusións que resultan moi negativas para a poboación rural, o territorio e o ambiente».
Piden en nota de prensa que Xunta e Goberno Central, reconsideren o estado actual do desenvolvemento eólico e aproben unha moratoria eólica, coa paralización inmediata de todos estes proxectos, e que «serva de punto de inicio para elaborar unha nova Planificación Eólica, asentada en criterios de proporcionalidade, racionalidade e equilibrada co territorio, o patrimonio natural, cultural e respectuosa coas actividades agrogandeiras».
No escrito afirman que «vulnera o “carácter regulado” que debería ter a promoción eólica previsto na Lei 24/2013, do sector enerxético. Tampouco se respecta o “principio de proporcionalidade”, que ten coma consecuencia un proceder abusivo por parte da Administración Xeral do Estado, que nestes momentos tramitan para Galiza 2.500 MW á marxe de planificación eólica. E o máis grave, a falta dunha Avaliación Ambiental Estratéxica, tanto da parte de desenvolvemento eólico da Xunta como a correspondente ao Estado, co que en rigor non se cumpre cos requisitos previstos na normativa ambiental aplicable, crean inseguridade xurídica e poden acabar xerando unha incidencia negativa no funcionamento do sistema».
O BNG insiste ademáis nas vivan ambientais, como o feito de que «ignórase que resulta afectado un espazo da Rede Natura 2000, o río das Abellas integrado no ZEC do Sobreirais do Arnego, con especies ameazadas coma o mexilón do río ou a auganeira, para as que a normativa piden adoitar medidas especiais de protección, algo que a memoria do proxecto ignora e non propón medidas ante os arrastres a rede hídrica que verte cara este regato protexido. Igualmente fai unha errónea caracterización sobre a avifauna, e sitúa o diagnóstico para unha zona afastada a 50 quilómetros na provincia de Ourense, ignorando o documento que a zona afectada está recollida coma unha zona de protección ante o risco de electrocución paras as aves. Ignora a proposta de medidas de protección, tanto en fase de obras coma en funcionamento, de especies Vulnerables, coma a gatafornela e a tartaraña cincenta. Ademais de excluír o lobo coma especie non presente na zona, e obviar as recomendacións do Plan de Xestión do Lobo ( DECRETO 297/2008), de adopción de medidas para mitigar posibles impactos a súa poboación reprodutora».