-
lalin.net o teu portal de información
A FONDO
Nova captación de augas do Deza: cara o esgotamento dun río
Fecha 30/01/2021Realizar unha nova captación de augas en Lalín, sitúandoa no río Deza, augas arriba da praia fluvial de Pozo do Boi, custará 1.947.678 euros, así o reflicte o estudo de viabilidade de captación no río Deza nun informe, elaborado por Augas de Galicia a petición do Alcalde Crespo Iglesias. Nin as cifras nin o estudo proxectan os enormes custos de bombeo para enlazar esta coa actual de Botos, nin analizan o impacto ambiental do proxecto. Logo da presentación, o Facebook Lalín filtrou o contido do informe e, despois ser criticado por diversas organizacións.
O BNG solicitou a paralización do concurso de redacción do proxecto da nova captación de auga. Aseguran que a captación «está dentro dunha Reserva Fluvial Natural de dominio público hidráulico», amais de non figurar na previsión de captacións das zonas de futuro abastecemento do Plan Hidrolóxico Galicia-Costa.
Vamos a analizar a problemática de abastecemento de auga de consumo doméstico no concello de Lalín, certos aspectos dese Informe de Viabilidade e como non, as repercusións que tería esa nova captación de auga no caudal do río Deza.
Análise por Antonio Presas
O Informe de Viabilidade da nova captación do Río Deza
Este informe, elaborado por Augas de Galicia, a petición do alcalde de Lalín, non só é un instrumento manipulado para servir de xustificación para unha captación moi cuestionable, senon tamén, un compendio de arbitrariedades intencionadas e xustificadas.
Abaixo de Cristimil xúntanse os rios Deza e Asneiro, no sitio denominado Xunta dos Ríos. O Deza Superior nace entre os Montes do Testeiro e a Serra do Candán e proporciona auga, para consumo doméstico ao, concello de Silleda. A captación atópase no cauce do río Deza a escasa distancia da Xunta dos Ríos.
Actualmente o concello de Lalín pretende, co beneplácito da Xunta de Galicia, efectuar esta nova captura, nese mesmo río, na parte de arriba de Pozo do Boi, á altura de Gondoriz.
Se seguimos o curso do río Deza, entre ámbolos dous puntos de captación tan só hai unha distancia de 10,5 Km, que en liña recta redúcese a 6,5 Km. Unha situación que plantexa demasiadas preguntas e conta con moi poucas respostas pois non queda demostrado que o río Deza teña capacidade suficiente para soportar dúas captacións de auga para dous concellos distintos, e cómo afectaría isto ao caudal do mesmo durante os meses de verán, na que o nivel de auga dos ríos é moi baixo, e podería dar lugar a que non se poida garantir o suministro nin para os de Lalín nin tampoco para os de Silleda.
Amais, no caso de que o concello de Lalín dispoña desta nova traída, efectuada na zona de mellores augas do río, deixaría ao tramo inferior privado desas augas, empeorando a súa calidade.
No Informe de Viabilidade, e para xustificar a necesidade desta nova captación de auga no río Deza, pon un dos seus focos na futura poboación de Lalín. Segundo o documento, nos próximos 25 anos (ata o ano 2044) a poboación residente en Lalín será practicamente a mesma ca de agora, é decir 20.218 habitantes, segundo o censo de 2019.
Porén, se temos en conta o Crecemento Natural (CN) e a forma da Pirámide de Poboación, todo apunta a que no ano 2040 o noso concello perderá arredor de 2.000 habitantes e baixará polos 18.000 habitantes
O Crecemento Natural (os que nacen menos os que morren cada ano), dende a década dos anos 80 non fai máis ca decrecer (o número de falecidos é superior ao de nacidos), polo que a poboación de Lalín non se repón, e unicamente mantén os seus efectivos demográficos grazas á inmigración. O despoboamento rural, unido á desaparición de unidades de explotación agropecuaria deixa sen base calquera poosibilidade de incremento da poboación nas aldeas. Cada vez quedan máis aldeas vacías e iso repercutirá enormemente nos efectivos demográficos.
A Pirámide de Poboación medra en forma de «fungo» e iso é unha sinal inequívoca de que o Crecemento Natural seguirá sendo cada vez máis negativo. Isto é: non hai reposición poboacional.
Ante esta situación non cabe esperar que a poboación do concello se manteña, senón que diminuirá, polo que, nestes termos, non se xustifica unha nova captación de auga no río Deza.
No informe, non se fai referencia a estes datos, pero si recorre a «poboación estacional», aquela que ven de forma transitoria durante unha tempada, por exemplo unha semana ou un mes de vacacións. O documento fai referencia a que existen en Lalín 1.183 vivendas secundarias que de estar ocupadas todas ao mesmo tempo (case improbale) farían subir a poboación en 4.732 habitantes (4 por vivenda). A todo isto súmanlle a capacidade hoteleira máxima de 433 prazas e fai subir a poboación a 5.165 habitantes, que sumados aos 20.000, temos unha pobaoción ocupa de máis de 25.000 habitantes. E todo isto sen ter en conta a poboación de Lalín que se marcha no verán, nos meses de vacacións.
Uns datos que se reflicten no Informe para xustificar a necesidade de facer a captación en Pozo do Boi, baseados en supostos e con moi pouca probabilidade de que poidan darse, no tocante de basearse en datos reais.
Canalizacións antigas e consumo irracional da auga
O concello de Lalín, para seguir dispoñendo libremente dun recurso limitado e cada vez máis reducido, planea realizar esa captación no río Deza, secuestrando un caudal notoriamente insuficiente durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Estamos a raptar o último recurso fluvial que nos queda a cambio de non facer nada por remediar a situación xeral que evidencia que non hai un consumo racional da auga, porque se considera como un recurso abundante e inesgotable e como consecuencia dese abusivo consumo derívase unha elevada contaminación dos propios recursos.
O abastecemento de augas de consumo doméstico atópase, na actualidade no noso concello ante varias problemáticas:
1- O consumo de auga vai en aumento, porque non se teñen adoptado medidas restrictivas.
2- Non se fomenta o necesario aforro de auga e os recibos de subministro van por tramos (bloques). Hai moita xente que di que debe consumir o «minimo», que xa é bastante alto, porque ten que pagar o mesmo. Isto leva a un despilfarro evidente.
3- Hai un importante consumo invisible (regadíos fraudulentos, enganches clandestinos na rede, pisos sen contadores, etc).
4- Utilización da auga de consumo doméstico para outro tipo de finalidades: abastecemento e limpeza de cortes, granxas, encher piscinas no verán, etc.
5- Consumo desmedido en determinados espazo públicos, ….
E por outra banda está tamén, en non por elo menos importante, a cantidade de auga que se perde polas vellas canalizacións da rede de distribución de auga lalinense. O dato oficial sitúa moi por riba do 30 % o caudal de auga que se “filtra” por esas canles. Un dato do máis preocupante, pois de cada 100 litros que se capta para o suministro de auga de uso doméstico no noso concello, 30 litros nunca chegan a ser usados e pérdense, ou máis ben despilfárranse. A sustitución de canalizacións é unha necesidade, e suporía un aforro económico, de auga (lembremos, un ben escaso e limitado) así como tamén minimizaríanse os riscos sanitarios en caso de roturas ou fisuras pois as tráytase de canalizacións que xa esgotaron hai tempo a súa vida útil e en moitas delas empregaban na súa composición amianto.