-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
NIVEL ALTO DE RESTRICCIÓNS POR #COVID E PETICIÓNS DE COMPROMISO
Fecha 01/09/2021Con Lalín encamiñado aos 60 casos activos, a vila xa está en nivel alto de restriccións, con medidas restrictivas activas dende este sábado, ocorre ás portas do “mes grande de festas” (ou «non festas») como Montserrat e Dores e as celebracións do Cocido e o previsible record de atraccións na segunda quincena. Conxunto de situacións que poderían desbocar a transmisibilidade do virus e a súa extensión, como xa aconteceu en Melide (fonte de moitos dos contaxios de Lalín e A Golada, como xa acontecera o pasado ano) e que sitúan os reencontramos familiares, os botellóns e os eventos masivos non estáticos como principal Fonte de contaxio.
COMPROMISO PIDE DECISIÓNS
O Grupo Municipal de Compromiso por Lalín solicita que na Xunta de Voceiros convocada para o próximo martes se trate a situación da pandemia no concello, ademais pedir a presenza dun representante sanitario da Comisión do COVID municipal. Así, será posible debater e analizar as medidas sanitarias a tomar para a celebración das Festas Patronais. Trátase dunha petición que se fixo formalmente por entrada de Rexistro do Concello.
Compromiso por Lalín insiste en que apoiará as medidas que tome o goberno local neste sentido, substentadas no ditamen da Comisión, “da que non nos constan reunións as últimas semanas, a pesar da situación pandémica en Lalín”. o Grupo Municipal quere deixar claro que, lonxe de querer a suspensión das festas, “o que queremos son garantías sanitarias para os nosos veciños, e que a hostalaría non pague de novo unha situación que non provocou”. Do mesmo xeito, a organización amósase cansa de que as restricións impostas en Lalín ao pasar ao nivel alto sexan pagadas por un sector que, unha vez máis non é responsable da situación. Ademais, engade que se é prexudicado novamente, “debe ser compensado con axudas por parte das distintas administracións”.