-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
INTENCIÓN DE SUSPENDER ELECCIÓNS DE ALCALDES DE BARRRIO OU PEDÁNEOS: “ao PP o que lles gusta e ter á xente sumisa”
Fecha 28/04/2021BNG e Compromiso por Lalín manifestaron hoxe conxuntamente as súas críticas polas intencións do goberno de Lalín de levar, de facto, a finais do 2023 a celebración de eleccións de alcaldes de barrio ou pedáneos, segundo quen esté a falar desta figura.
Francisco Vilariño, portavoz do BNG puxo en evidencia a “falsidade” que supón que, no pleno do 29 de xaneiro de este mesmo ano, se reiterase a intención do goberno e o propio Xosé Crespo de celebralas devanditas eleccións, para agora incumprir ese anuncio facendo un novo, que as anularía por case tres anos. Cualificou ao goberno de prepotente, mentir nesta materia (e noutras) e incumprir compromisos. Afirmou que esta decisión é “unha perda de dereitos democráticos en Lalín”
Rafael Cuiña, pola súa banda (logo de afirmar que si volve a ostentar a alcaldía as convocará antes de rematado ese mesmo ano) afirmou que a decisión vai contra principios básicos e que “ao PP o que lles gusta e ter á xente sumisa”.
Cuiña denunciou a actitude do goberno de evitar a participación cidadá na vida municipal, con decisións como esta que vai ser debatida nun pleno – maratón que vai ter 21 puntos na orde do día e que ademais vai ser telemático pola pandemia