-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
GALICIA MANTÉN POBOACIÓN GRAZAS Á INMIGRACIÓN SUDAMÉRICANA E LALÍN Á NORTE AFRICANA
Fecha 05/09/2025
Galicia afronta un escenario demográfico complexo, marcado durante décadas polo descenso continuo da súa poboación e o envellecemento progresivo dos seus veciños. Non obstante, unha variable recente e cada vez máis decisiva rompe esta tendencia negativa: a chegada de estranxeiros. Segundo os datos oficiais ao 1 de xaneiro de 2025, Galicia alcanzou os 2.715.424 habitantes, un leve incremento que contrasta coa tendencia á baixa que arrastra desde hai anos.
Esta incorporación non se limita ás grandes cidades ou ás zonas costeiras, tradicionalmente máis atractivas para os inmigrantes, senón que chega tamén a localidades pequenas e medianas, que padecían unha caída constante do número de residentes. Un exemplo é Lalín onde a presenza de poboación estranxeira serve para frear unha caída demográfica que noutros tempos parecía inevitable... e ao mesmo tempo fai viable moitas industrias do sector primario (nomeadamente granxas) que non atopaban traballadores. Segundo o INE a poboación oficialmente recoñecida durante 2024 é de 20.277 habitantes
O alcalde de Lalín, José Crespo, manifestou recentemente que non existen receitas máxicas para manter a poboación e que só o emprego e os movementos migratorios poden ser o auténtico salvavidas para que o municipio se manteña entre os concellos galegos de primeira categoría. Crespo recoñecía tamén a dificultade da situación e mesmo expresou certa “resignación” ao asegurar que cedo ou tarde Lalín baixará do limiar dos 20.000 habitantes. Realidade que so mudará (como él mesmo recoñece) a creación de emprego e a creación de novas empresas... pero tamén a existencia dunhas políticas sociais de arraigo e integración real.
O padrón municipal de Lalín revela que, en marzo de 2025, había empadroadas 1.803 persoas con nacionalidade estranxeira, o que representa xa cerca do 9 % do total da súa poboación. Este crecemento foi fundamental para que Lalín se manteña por riba do limiar dos 20.000 habitantes, un punto de referencia importante desde o punto de vista administrativo e de prestación de servizos. De feito, no ano 2013 había en Lalín 20.409 veciños, dos que só 19.319 tiñan nacionalidade española, evidenciando o papel central que desempeñan os estranxeiros para sosteren o censo.
A diversidade dos orixes é un dos elementos máis salientables deste colectivo. As cinco nacionalidades con maior presenza en Lalín no ano 2024 son Venezuela, con 266 persoas; Arxelia, con 249; Marrocos, con 197; Portugal, con 166; e Colombia, con 164. Esta variedade reflicte tanto as dinámicas migratorias globais como as conexións históricas e culturais que Galicia mantén con certos países.
A maioría destes estranxeiros intégranse en sectores económicos clave para a comarca, como a agricultura, a hostalería, a construción e a industria da transformación. Nestes ámbitos, a man de obra local era insuficiente, e a chegada de novos veciños permitiu cubrir postos de traballo que se estaban a perder, contribuíndo á dinamización económica e social.
A evolución da poboación estranxeira en Lalín é clara: desde os 1.167 en 2018 aumentou de forma constante ata os 1.280, 1.393, 1.488, 1.616, 1.751 e 1.803 no último ano dispoñible, cifras que colocan a Lalín como o concello galego de primeira categoría onde a poboación estranxeira ten un maior peso no padrón, con case o 9 %, fronte á media autonómica do 5,7 %. Só Lugo e Ourense superan o 8 %, e por riba do 7 % están Vigo, Santiago e Arteixo. Pola contra, a proporción máis baixa está en Cangas, cun 3,1 %. A nivel autonómico, Lalín ocupa a décimo oitava posición, moi lonxe de municipios como Oímbra (19 %), A Mezquita (15,4 %), Carballeda de Valdeorras (14,6 %), Burela (13,3 %) e Verín (13,1 %). En todos eles a incorporación de inmigrantes, va relacionada coa necesidade de man de obra no sector primario (agro e mar).
A integración destes novos veciños tamén conta con apoio institucional a través do Servizo de Atención ás Migracións (SAMI), que facilita trámites administrativos, orientación laboral e acceso aos servizos públicos, fomentando un ambiente de convivencia e colaboración. Pero esta “intención” debe ir da man de políticas locais diferenciadas e realistas... e, por suposto, coa implicación do sector empresarial (o que non está a acontecer claramente) supostamente representado pola AED.
O papel decisivo dos estranxeiros ante a crise demográfica galega
Actualmente, Galicia está a mitigar a súa situación demográfica grazas aos estranxeiros que non chegan cada día. Desde xullo do 2023 ata xullo de 2024, a comunidade recibiu diariamente a 57 inmigrantes. Un total de 21.011, o que posibilitou que a poboación estranxeira na autonomía aumentase un 13%, o cal fixo desta a segunda comunidade española co incremento máis alto, só detrás de Asturias (14%) e por diante de Castela e León (11,6%). Nos últimos vinte e cinco anos, Galicia tampouco acollera a tantos inmigrantes, chegando a ser 182.467 neste momento.
A pesar do crecente relato xenófobo, que se tenta propagar polo país, miles de estranxeiros continúan chegando a Galicia en busca de mellores oportunidades, desatendendo as mensaxes racistas que algúns sectores promoven. As dificultades económicas e a necesidade de prosperar superan o temor ao rexeitamento social. Segundo os datos, desde 2016 Galicia experimentou un aumento constante na súa poboación foránea: no últimos nove anos, a comunidade rexistrou preto de 98.000 novos residentes estranxeiros, duplicando así a cifra inicial e consolidando esta tendencia migratoria.
O crecemento do censo estranxeiro en Galicia non só responde á chegada espontánea de migrantes, senón tamén á acción das institucións e empresas que buscan man de obra no exterior para cubrir postos que, en moitos casos, a poboación local rexeita, como o servizo doméstico ou o coidado de persoas maiores.
Entre xullo de 2024 e xullo de 2025, a comunidade gañou 14.426 habitantes, un incremento do 0,5%. Neste período, chegaron 21.011 persoas procedentes doutros países, mentres que 6.585 galegos faleceron ou emigraron. Grazas a este aporte migratorio, Galicia acadou a cifra máis alta de poboación desde 2016, con 2.720.469 residentes. Hai unha década, en 2015, o censo era apenas 2.888 persoas superior.
A inmigración tamén desempeña un papel clave no rexuvenecemento demográfico: case seis de cada dez estranxeiros teñen menos de 40 anos, fronte ao 37% da poboación con nacionalidade española. Isto significa que a Galicia chegan persoas novas, en moitos casos con fillos ou con proxectos de formar familia, contribuíndo así ao relevo xeracional no territorio.