-
lalin.net o teu portal de información
OPINIÓN
GALICIA, DA COMARCALIZACIÓN Á FUSIÓN DE CONCELLOS. 35 ANOS PERDIDOS, EMPEZANDO POR DEZA!
Fecha 24/03/2026
Benito García
Editor lalin.net
O expresidente da Xunta, Manuel Fraga, analizou profundamente no Reino Unido (cando estivo á fronte da embaixada) o sistema electoral inglés, baseado na comarca… ata o punto de que tentou introducilo en España na transición como modelo electoral (circunscrición comarcal en lugar da provincial). O sistema electoral do Reino Unido baséase nun modelo maioritario uninominal (First-Past-The-Post), organizado a través de distritos electorais ou circunscricións que a miúdo se aliñan coas comarcas ou condados, divisións xeográficas tradicionais. Na súa Galicia natal, a comarca tivo sempre unha importancia crucial na organización da vida social e económica… non así da vida política, entidade sen recoñecemento xurídico cautiva antes entre a Deputación e o Estado e, coa democracia, entre a Deputación, a Xunta e o Estado. A pesar diso, mentres persistían os “macro-chiringuitos” das deputacións, moitas comarcas reescribiron a súa historia creando mancomunidades ou consorcios comarcais de servizos.
Coa chegada de Manuel Fraga á Xunta, e parafraseando a Suárez (Fernando Ónega en realidade), quixo facer realidade aquilo de “Imos elevar á categoría política de normal o que a nivel da rúa é simplemente normal” (referido a outra cuestión, claro, pero aplicable a esta): impulsou un Plan de Comarcalización, primeiro cun acordo do Consello da Xunta de 1991 que tivo, sete anos despois do seu triunfo electoral, como eixo e folla de ruta a Ley 7/1996, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal de Galicia, e cristalizou co mapa comarcal aprobado mediante o Decreto 65/1997, do 20 de febreiro… a creación dunha Secretaría adscrita á Presidencia e a construción dos “Centros comarcais” (edificios que hoxe languidecen ou foron abandonados nun despilfarro inaceptable). O plan dotouse entón da estrutura administrativa e política asociada… fixou 53 comarcas e significou unha panca fundamental para a vertebración territorial.
Ah! Pero aquilo, como di Joaquín Sabina, “durou o que duran dous peixes de xeo nun whisky on the rocks”. En 2005 Fraga perde as eleccións, o bipartito alcanza a Xunta, non acaba de crer no da comarcalización (por “fraguista”, que non por mala); tampouco se fai nada para romper o teito de cristal das deputacións que cercenaba as posibilidades de crecemento das comarcas como entidade xurídico-administrativa. Que sentido ten a comarca se entre o Concello e a Xunta se mantén a figura dunha institución sen sentido, antediluviana, custosa e escasamente útil? Se o bipartito deixou na neveira as comarcas, Feijóo deulles o tiro de graza: non hai mellor desprezo que non ter aprecio. 2009 devolve o poder na Xunta e Feijóo (e José Manuel Romay Beccaría) pasan a comarcalización da neveira ao conxelador e de aí á tumba (como outras prioridades “fraguistas” como a promoción de vivenda, os parques empresariais ou as obras públicas). As cuestionadas deputacións volven gañar a batalla, recuperando pulo por riba dos intereses veciñais. Ningún dos tres grandes partidos quixo facer nada efectivo para evitalo. A Lei de administración local de Galicia será o enterrador dese proceso... o seu anteproxecto foi presentado á FEGAMP hai días, e a estes semella non preocuparlle moito a demolición das comarcas nin as palabras do Conselleiro de Presidencia: “reforza o papel das deputacións”. Máis claro auga, duplicidade en estado puro.
E fronte á comarcalización o PPdeG, desprendido xa das boinas, impulsa paralelamente unha Lei de administración local, cun “improvisado” e intervencionista plan de fusión de concellos, dun pretendido estilo empresarial e cun impacto real case nulo lustros despois dos primeiros intentos de Feijóo por fusionar (con decepcionantes resultados en número e cumprimento de obxectivos de mellora da calidade de vida e servicios á cidadanía). En Oza-Cesuras, a poboación baixou de 5.400 habitantes a 5.125. O municipio está a experimentar unha perda de identidade e unha “courñización” da súa poboación, e xeralmente percíbese como unha fusión errada. En Cerdedo-Cotobade, está a suceder algo similar: a poboación baixou de 6.100 a 5.700, moitos dos cales son “residentes pantasma” e moitos de fin de semana, que realmente fan vida en Pontevedra. O envellecemento da poboación é crítico, a calidade percibida dos servizos públicos está a diminuír e a súa superficie de 200 km² dificulta a prestación uniforme de servizos, xunto con problemas ambientais non controlados (como a tala e “saca” ilegal).
Fora de Galicia, hai poucos exemplos positivos. O máis soado: a fusión de Don Benito e Villanueva de la Serena (futura Vegas Altas) foi bloqueada de forma efectiva por Don Benito (que xa o acepta con estrito marxe dos votos). A pesar da súa aprobación en 2022... un bloqueo definitivo é máis que probable, e non se esperan eleccións municipais conxuntas en 2027. Don Benito medra en poboación e actividade a expensas de Villanueva (o obxectivo “común” era o contrario: estabilizar poboación e actividade).
O, polo de agora anteproxecto de Lei, facultaría á Xunta a obriga de fusión, aínda que o absorbido se opoña, en determinadas circunstancias de “riscos” socio-económinos e de servizos. Cheira a rexeitamento social e recurso de inconstitucionalidade. Non hai un modelo e os obxectivos son, como mínimo, cuestionables.
Na comarca de Deza, e as outroras xurisdicións de Camba, Dozón, Carbia, Valquireza, Trasdeza, Deza… soan de novo tambores de fusión. A Xunta empeñouse en que aquí experimenten o que outros non queren. Lalín déixase querer, condicionado polo seu risco (xa endémico) de caer por baixo dos 20.000 habitantes, e “varexa” a oliveira para ver se caen un par de milleiros de novos veciños que levar á conta dos orzamentos. Co ocaso de 2025 enriba das mesas comeza a analizarse un novo documento (en realidade un refrito deseñado, máis que realizado, pola Xunta) que quere reabrir o melón e xustificar unha hipotética fusión entre Lalín, Rodeiro e Dozón. As razóns do PP para Lalín quedan explicadas; as de Dozón teñen moito que ver co risco de perda das eleccións tras as crises empresariais do alcalde, que xeraron críticas e non poucos parados (coas súas familias, ata agora “votantes cautivos”) que engrosan a lista de demandantes de emprego no “pequeno” municipio e probablemente de ex votantes populares… No documento métese a Rodeiro na ecuación, por moitas razóns, entre elas as de disimular (pero estes non tragan). ¿E Agolada? Sorprendente omisión do “plan A”. Se de verdade se quere apostar por unha fusión “con sentido práctico”, que razóns habería para deixar de lado un municipio (que por certo hai pouco máis de medio século foi o que máis alimentou, de maneira porcentual, o crecemento poboacional de Lalín) ao que se “condenaría” a orientarse definitivamente a “facer vida” con Melide ou Monterroso? Pero claro, unha fusión de catro antoxa imposible e unha fusión de dous pouco ambiciosa para un PP crecido (a pesar da experiencia do fiasco, que xa dura lustros, das fusións municipais).
Se algunha fusión “natural” existe é a de Rodeiro e Agolada, e se algunha fusión “técnica” (e por que non interesada politicamente) é potencialmente viable sería a de Lalín e Dozón. Pero nunca imposta!
E mentres, a comarca (como concepto) morre… a creación dun Consorcio/Mancomunidade como o de As Mariñas coruñesas e os seus servizos compartidos (municipios como Oleiros ou Culleredo, cun espectacular servizo de residuos e moitos máis habitantes, gastan moito menos ca Lalín niso… ou en materia de servizos sociais cun plan director apreciable). Por aquí vai maís o esperpento co que conta parte da comarca que non vai máis alá da realización de catro “obriñas de bacheo” e da compra dalgunha “maquinita”; mendigando uns euros á Deputación. A existencia dun ente supramunicipal serio e de consenso (no seu día postulouse o exalcalde lalinense para iso, aínda que con escaso éxito entre os alcaldes, mesmo ante o actual… refractario incluso nos inicios da “entente cordiale” post Chascomús). A idea non era mala, as formas si. Contar cun organismo supra municipal permitiría captar fondos e sería un argumento a favor dos postulados favorables a unha comarcalización que, no caso lalinense, non soubo integrar sensibilidades como as expresadas, por exemplo, por Silleda xa desde tempos de Juan José Salgueiro, puro e sorriso sarcástico na boca (aínda lembro algunha das súas sentenzas sobre o particular un día “entre amigos” na casa de Abades mentres admirabamos o impresionante parafuso de madeira do lagar). Lalín e Silleda deberían ser motores do territorio e do seu desenvolvemento e, cos demais, facer por unha vez realidade aquel “unidos por un mesmo afán” de 1968 (enterrado definitivamente en 1975).
A comarcalización, como o sentimento de comarca, vese así reflectido no refraneiro español: “entre todos la mataron y ella sola se mirió”.
Non si?