-
lalin.net o teu portal de información
FOTO DENUNCIA
ESPECIES INVASORAS EN TERREOS MUNICIPAIS
Fecha 03/09/2024
É inadmisible que ademais da inacción na loita contra especies invasoras protéxanse estas plantas en terreos de propiedade municipal, como a Herba da Pampa no auditorio de Vilatuxe ou a Mimosa nos terreos públicos anexos ao Albergue de Mouriscade...
A lei é clara:
A Lei do Patrimonio Natural e Biodiversidade nacional (lei 42/2007 ou LPNB) establece unha garantía de conservación de especies silvestres (art. 54), así como tamén unha serie de prohibicións e deberes en canto a todo tipo de especies que habitan no territorio español.
En canto ás especies exóticas invasoras, os arts. 64 e ss. da LPNB regulan as normas básicas do Catálogo Español de Especies Invasoras (CEEI). No caso da Cortaderia selloana (Herba da Pampa), o art. 64 bis remítese ao Catálogo de Especies Invasoras de preocupación para a UE, a súa expansión está proscrita en todo o territorio nacional (art. 7.2, 3 e 4). Estes prexuízos das especies do Catálogo de EEI conleva medidas de seguimento e prevención e mesmo medidas urxentes (art. 8 e art. 9 do RDEEI).
A disposición adicional sétima do RDEEI remítese á Lei 26/2007, de Responsabilidade Ambiental para atribuír as responsabilidades oportunas, como as dos operadores (p. ex. titulares de vías de comunicación) respecto da prevención, reparación e evitación de danos e tamén a intervención directa da Administración. E a disposición transitoria 5ª do RDEEI obriga aos titulares de xardíns e parques públicos ou privados a evitar a propagación de especies invasoras, respecto dos adquiridos antes da entrada en vigor do RDEEI.