-
lalin.net o teu portal de información
HISTORIAS DA NOSA HISTORIA
lalin.net o teu portal de información
LALINENSES ILUSTRES
Donramiro, terra de ilustres entre ilustres
Fecha 13/09/2025
A parroquia de Santa María de Donramiro, en Lalín, foi berce de varios personaxes que marcaron a vida política, xudicial, social e cultural da comarca de Deza entre os séculos XIX e XX. Entre eles destacan o xurista José Ramón Ulloa Pimentel, o avogado e político Antonio Crespo Pampín, o procurador Domingo Pablo Palmaz Brandido e tamén o avogado e deputado Ramón María Villar Ulloa... pero son o astrónomo Ramón María Aller Ulloa e o pintor Laxeiro os dous que transcenden en coñecemento e popularidade. Cada un, desde ámbitos distintos, contribuíu a transformar o seu contorno e a deixar un legado que aínda hoxe forma parte da historia local galega… e, por suposto, da súa parroquia natal.
Ramón María Aller Ulloa (1878–1966) foi crego, matemático, astrónomo e pioneiro da divulgación científica en Galicia. Combinou a súa vocación relixiosa cunha fonda paixón polo cosmos, deixando unha pegada notable na ciencia española do século XX. Formouse cos xesuítas na Guarda e doutorouse en Teoloxía con só 20 anos. Posteriormente estudou Ciencias Exactas en Oviedo e licenciouse en Matemáticas en Madrid con cualificación de sobresaínte, ademais de doutorarse en Astronomía.
En 1917 fundou un observatorio na súa casa de Lalín, desde onde estudou estrelas dobres, descubrindo varias que levan o seu nome, e deseñou instrumentos astronómicos empregados por centros como o Observatorio de París e a firma Zeiss. Foi autor de obras de divulgación como Astronomía a simple vista e membro de academias científicas de prestixio. Hoxe, a súa casa-observatorio acolle o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa, dedicado a honrar o seu legado.
José Otero Abeledo, Laxeiro, foi unha figura clave da pintura galega do século XX. A súa obra combinou o popular co vangardista, o mítico co grotesco e o rural co universal, contribuíndo de xeito decisivo á renovación plástica de Galicia. Emigrou a Cuba na súa mocidade e regresou pouco despois a Galicia, onde xa destacaba pola súa expresividade pictórica. Nos anos 30 estudou en Madrid e entrou en contacto coas vangardas. Tras a Guerra Civil, foi un dos impulsores do novo arte galego xunto a Seoane, Colmeiro e Maside.
O seu estilo, colorido e imaxinativo, mestura influencias do románico, do barroco popular e das lendas rurais. Entre 1951 e 1970 viviu en Bos Aires, onde incorporou elementos do informalismo e da abstracción. Foi vicepresidente da Sociedade Arxentina de Artistas Plásticos e expuxo internacionalmente. De volta en Galicia, recibiu numerosos recoñecementos, como a Medalla Castelao, e a súa obra consérvase na Fundación Laxeiro en Vigo. En Lalín celébrase na súa honra a Bienal Pintor Laxeiro.
José Ramón Ulloa Pimentel naceu o 7 de abril de 1805 no Pazo de Figueroa e foi un dos principais referentes políticos e xudiciais do século XIX na comarca. Representou a transición entre o Antigo Réxime e a modernización liberal en Galicia. Combinou a práctica do dereito cunha activa presenza en cargos públicos. Comezou como fiscal en Lalín e despois foi xuíz de Primeira Instancia en Lalín, Vigo e Pontevedra. Foi elixido deputado suplente por Pontevedra nas Cortes de 1844, actuando durante os anos 1844–1846 nun contexto de notable inestabilidade política. En 1852 alcanzou a presidencia da Deputación de Pontevedra, desde onde impulsou obras públicas e prestou especial atención ao medio rural.
Entre 1866 e 1868 foi alcalde de Lalín. Baixo o seu mandato reguláronse os camiños veciñais, os regulamentos de feiras e mercados, e reorganizáronse os estancos de tabaco. Tamén promoveu normas para mellorar a vida pública, desde a limpeza urbana ata a seguridade. O pazo de Filgueiroa foi o centro de operacións e símbolo do poder patrimonial dos Ulloa en Donramiro. Desde alí, José Ramón articulou unha rede de influencia política, social e económica. Foi un referente para viúvas, orfos e veciños con escasos recursos, a quen axudou como avogado ou mediador.
A súa “herdanza de sangue” deixa nomes ilustres: o seu fillo ou neto (segundo as fontes), Juan Ramón Ulloa Pimentel, tamén foi alcalde de Lalín e impulsor da gandería local. Outro descendente foi o astrónomo Ramón María Aller Ulloa, nacido no mesmo pazo e considerado un dos científicos galegos máis notables do século XX. Tanto el como o seu padriño, o político Ramón María Villar Ulloa, compartiron un tronco familiar vencellado a Donramiro e ao liñaxe Ulloa.
Ramón María Villar Ulloa foi unha das figuras máis influentes da comarca dezá no tránsito do século XIX ao XX. Testemuña e protagonista dun tempo de cambios políticos, reformas sociais e transformacións eclesiásticas, a súa vida estivo marcada polo exercicio do dereito, o compromiso político e a conservación do patrimonio cultural.
Cursou Dereito e Cánones na Universidade de Santiago de Compostela entre 1820 e 1824. Esta formación permitiulle exercer como avogado e desempeñar varios cargos públicos, sendo considerado un dos homes máis preparados do municipio. En 1857 foi nomeado alcalde de Lalín e tamén asumiu funcións como xuíz de Primeira Instancia. En 1867 foi elixido deputado a Cortes por Pontevedra, aínda que dous anos despois renunciou a presentarse para evitar divisións entre conservadores e liberais. Ese mesmo ano foi designado presidente da Deputación de Pontevedra e, durante un tempo, exerceu tamén como gobernador civil.
A raíz da Desamortización de Mendizábal en 1836, adquiriu a Casa do Muíño e do Forno, preto do mosteiro de Oseira, onde se instalou. Desde alí destacou pola súa dedicación á defensa da arte, a arquitectura e a historia eclesiástica. A nivel local, foi unha figura respectada, aínda que tamén obxecto de tensións políticas. Manteña un claro antagonismo con José Crespo Villar, referente do liberalismo local e pai do futuro alcalde Antonio Crespo.
Antonio Crespo Pampín, nacido en Donramiro en 1851, foi avogado, alcalde de Lalín entre 1903 e 1923 e representante do Marqués de Riestra en Deza. Fillo do tamén alcalde José Crespo Villar, converteuse nunha das figuras políticas máis destacadas de Lalín no primeiro cuarto do século XX. O 29 de decembro de 1903 foi nomeado alcalde por Real Orde do Ministerio da Gobernación, cargo que mantivo durante dúas décadas, sendo reelixido en decembro de 1913. A nivel político tivo numerosos adversarios. En Lalín existían dúas faccións enfrontadas: "os negros", liderados por Crespo, e "os brancos", encabezados pola familia Blanco, industriais de Filgueira.
Como resultado desa rivalidade, Crespo foi obxecto de varios atentados con pólvora e dinamita en 1914 e 1915. En xullo de 1914, unha bomba foi lanzada sobre a súa casa-pazo en Donramiro, sen causar danos. O atentado non foi esclarecido, pero provocou unha forte reacción pública. O 21 de decembro de 1915, estouraron dúas bombas máis na súa vivenda, sen feridos; só el e a súa filla Anuncia, coñecida como “A Crespa”, atopábanse na casa. Coa súa morte, en 1928, quizais unha das figuras políticas máis destacadas de Lalín deixou o poder... só vencido polos anos.
Domingo Pablo Palmaz Brandido, nacido en 1884 en Donramiro, foi unha figura clave nos procesos de modernización social, educativa e relixiosa que marcaron a Galicia rural das primeiras décadas do século XX. Fillo de Manuel Palmaz Crespo e Dolores Ánxela Manuela Brandido Brandido, exerceu como avogado e procurador durante varias décadas en Lalín.
Casou con María Anunciación Bueno Sánchez, natural de Vilar (Taboada), con quen tivo cando menos unha filla, Sara Palmaz Bueno, nacida en 1917. A súa familia aparece vinculada en rexistros xenalóxicos a casas nobres da comarca, como a Casa de Carballeda, conectada cos Gil Taboada de Trasdeza. Durante os anos 20, participou activamente na creación da Escola Hospital-Asilo de Lalín, unha institución educativa que procuraba formar nenos e nenas con ferramentas prácticas, coñecementos técnicos e valores cívicos, pensada tanto para o campo galego como para a emigración.
No ámbito relixioso, foi membro destacado da Confraría da Nosa Señora de Montserrat. En 1927, durante a bendición dunha nova imaxe da Virxe, a súa presenza foi destacada nas crónicas xunto ao crego e outras autoridades. Tamén desempeñou un papel relevante no asociacionismo agrario comarcal, reflectindo o seu compromiso coa modernización do medio rural en tempos de cambio social e económico. O seu legado perdura nas bases do desenvolvemento de Lalín no século XX.