Denuncian o abandono da atención sanitaria presencial
Fecha 09/03/2021
Os Socialistas de Lalín denuncian o “escandaloso abandono da atención sanitaria presencial” no Centro de Saúde. Dende a formación explican “que se está utilizando a pandemia como excusa para abandoar as tarefas propias dunha atención primaria que precisa do contacto co persoal sanitario de xeito frecuente”. Por elo, pídenllle a Crespo non mirar para outro lado e advírtenlle que “a pandemia é grave pero non podemos desatender as outras enfermidades que poden afectar terriblemente á saúde”.
Román Santalla afirma que o abuso da medicina a distancia sen posibilidade presencial en moitos casos está xerar situacións que “complican a atención de saúde, dando lugar a citas repetidas pois ao non ser capaces de prestar en moitos casos unha satisfactoria consulta a distancia compre repetir as citas de xeito presencial coas conseguintes esperas e queixas por parte dos pacientes e do propio persoal sanitario”.
Denuncian os socialistas a preocupación dos médicos e enfermeiras do ambulatorio por esta situación, e engaden que “non só afectan a problemas cotiás se non que enfermedades crónicas avanzadas ou graves, como o cancro, están sendo desatendidadas”.O grupo socialista lembra que “ a atención primaria presencial é fundamental para avaliar os primeiros signos de cancro e facilitar a súa detección precoz e os médicos de Lalín empezan a ver con preocupación os retrasos provocados pola pandemia e pola falta de atención presencial”. Tamén destacan as enfermidades de índole pisquiátrico na que a atención primaria xoga un papael importante para detectalas de xeito precoz.
A formación socialista instan ao alcalde para acelerar o retorno á máxima atención presencial posible “porque en Rodeiro, Vila de Cruces e A Estrada o acceso á atención presencial é moito máis doado que en Lalín”.