-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
DENUNCIAN ILEGALIDADE NA XESTION DE LOS RESIDUOS DE OBRA DO MANUEL RIVERO
Fecha 14/02/2023
A Asociación de Recicladores de RCD de Galícia - ARCODEGA ven de denunciar que nas tarefas de demolición das “casas do Manuel Rivero” se está a realizar unha xestión presuntamente ilegal dos residuos de construción e demolición – RCDs xerados no derribo, unha obra acometida polo Concello de Lalín”. As tarefas de demolición, xa estiveron precedidas de polémica polas molestias xeradas a veciños.
Malia ás recomendacións, nomeadamente para administracións públicas (que ademáis, dende o un de xaneiro do 24 serán sancionables) de separación de residuos en obra e a obligatoriedade (RD 105/2008 e Ley de Residuos 7/22) de entrega a unha planta autorizada para a súa xestión… “a demolición foi non selectiva amoreando todo tipo de residuos na pacela ate a súa retirada que se iniciou arredor do pasado día 1 de febreiro”.
Segundo ARCODEGA, o máis grave é a falta de tratamento, como establece a Ley: no canto de unha planta de xestion autorizada, para a maior parte dos resíduos o destino foi o vertido: “o punto de descarga e forma de proceder dos executantes sitúase no mesmo municipio, no límite co Concello de Rodeiro e nunhas parcelas vinculadas a unha gran explotación gandeira, nun espazo comprendido entre a explotación citada e o Rego de Xumio, ao que se accede dende a estrada PO533 Lalín – Rodeiro… o vertido é directo sobre terra, completamente mesturado con alto risco de lixiviación e nas proximidades dun rego afluente directo do Arnego”.
Na denuncia faise constar asemade que “o posuidor do residuo é o Concello de Lalín, a empresa adxudicataria das tarefas de demolición e xestión integral do residuo é Ogmios Proyectos SL de Culleredo (orzamento de 2,8 millóns de Euros). A tarefa está a ser desenvolvida por unha subcontrata local e o trasporte realizado pola mesma empresa”.
Para Arcodega, “a responsabilidade principal é do adxudicatario do contrato, subsidiariamente do Concello pola non verificación do destino do escombro xerado” unha tarefa que corresponderia as “direccións de obra” contratadas polo propio concello.
As presuntas irregularidades están xa a ser obxecto de investigación policial e, segundo pousemos verificar onte, tamen municipal dende a semana pasada.