-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
CUIÑA DENUNCIA A «DESAPARICIÓN» DO GOBERNO
Fecha 06/09/2021Plenos baleiros de contido, falla de un regulamento destes, ou Xuntas de Portavoces con asuntos sen relevancia son algúns dos exemplos utilizados por Compromiso por Lalín, para exemplarizar a “desaparición de facto” de tarefas de goberno en Lalín.
Rafael Cuiña, portavoz de Compromiso, recuperou hoxe as citas mensuais cos medios de comunicación para facer análise periódico da actualidade municipal. Destacando que ao grupo municipal “nos sorprendeu moito a desaparición de facto do goberno de Lalín durante este verán”. Destaca un “baleiro de contido” como poucas veces a este nivel, dende que CxL está no Concello como que “en seis anos eu non lembro un pleno no que non houbese expedientes económicos aínda que sexan mínimos”. Ademais, revela que se está dando conta de que se trata dun goberno (aínda que con excepcións) que “non lle gusta especialmente traballar polos veciños a pesar dos salarios desmadrados que, como todo o mundo sabe, teñen”, cuestión da que dixo quixo excluír ao alcalde, porque considera que o soldo que ten esta función non se corresponde coa relevancia do posto ou tarefa a desempeñar.
O portavoz de Compromiso por Lalín destaca que “seguimos sen regulamento de plenos” e sen a normalización e transparencia en asuntos relacionados con contratación, área na que se seguen a ver repetidas aprobacións de facturas reparadas por intervención, o cal é grave, “e estamos vendo unha vez máis os reiterados informes da interventora advertindo esta situación”, que seguramente levará a unha queixa formal do Tribunal de Contas.
Ademais, recordou que mañá hai unha Xunta de Voceiros na que a prioridade vai a ser falar dos festivos para o ano seguinte, feito que segundo Cuiña é “ridículo” e que Compromiso non se pensa pronunciar nesta cuestión, polo que “calquera proposta que vaia do goberno ao pleno nós ímonos abster”. O portavoz de CxL expresa que a maior preocupación (sobre todo estando en nivel de risco alto neste momento en Lalín) debería ser que a comisión do COVID, que estivo todo o verán absolutamente desaparecida, de explicacións. “Eu pedín, por rexistro do Concello, que na reunión de mañán estea alguén responsable sanitario neste pobo e que sexa membro ca comisión do COVID” afirmou, do contrario valoran levantarse da Xunta de Voceiros ante unha convocatoria simplemente para falar dunhas datas “que non lle interesan a ninguén”.