-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
Compromiso pide unha moratoria para o pago do recibo aos veciños de Vilar do Río e Zobra pola conexión ás depuradoras
Fecha 04/03/2021
Así o fixo saber esta mesma mañá Rafael Cuíña, coordinador de Compromiso por Lalín, en rolda de prensa. Explica Cuíña que cando se comezou a deseñar o proxecto das depurdoras ecolóxicas polo goberno anterior, mantivéronse varias reunións cos veciños de Vilar do Río e Zobra para seren informados sobre esta iniciativa. Nestas reunións os veciños aceptaron a obrigatoriedade de conectarse ás depuradoras e tamén eran coñecedores que esta conexión conlevaba un custe.
O coordinador de Compromiso comparte co rexedor local, José Crespo que onte anunciou o pago desta taxa pola conexión ás depuradoras de 60 euros anuais, que unha vez invertidos os cartos en “este tipo de obras que teñen un custe alto” deben pórse en marcha. Explica que “os veciños foran informados no seu momento das condicións, que hai que cumplir unha vez feita a obra”, referíndose á necesidade de que os veciños deben formalizar o enganche.
Con todo, Rafael Cuíña, pídelle ao goberno lalinense “sensibilidade, pois trátanse de pequenas cuantías, para demorar cando menos dous anos esta taxa que é obrigatoria”.