-
lalin.net o teu portal de información
LALINENSES ILUSTRES
Cayetano Gil Taboada
Fecha 31/07/2025
Cayetano Gil Taboada (Barcia, 1688 - † 1751). Arcebispo de Santiago de Compostela e, antes, bispo de Lugo, estudou Filosofía en San Xerome e Xurisprudencia en Fonseca e Valladolid. Rematados os estudos, chegaría a reitor en 1713, só catro anos despois de doutorarse. Afillado de Felipe Antonio Gil Taboada, foi este un sólido apoio na súa carreira relixiosa.
Pertencentes ámbolos dous á poderosa familia dos Gil Taboada, en 1718 o seu tío noméao provisor e gobernador eclesiástico e no 1725, canónigo e inquisidor de Sevilla, función que máis tarde desenvolverá en Compostela, onde desempeñou ademais o cargo de administrador do Real Hospital.
En 1735 é nomeado bispo de Lugo, onde realizou grandes obras, como a do edificio do bispado, que exhibe os seus escudos en fachada e patio. En 1745 é presentado como arcebispo de Santiago, coincidindo o seu mandato coa construción da fachada do Obradoiro, na que se aprecia o seu escudo.