-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
Ariadna Fernández deixa o concello para centrarse no parlamento e a defensa dos intereses comarcais
Fecha 24/02/2026
A concelleira do BNG en Lalín, Ariadna Fernández González, presentou hoxe a súa renuncia á acta como membro da corporación municipal, que exercía dende as eleccións locais de maio de 2023. A decisión, segundo explicou nun comunicado, responde á vontade de centrar a totalidade da súa actividade política no seu labor como deputada no Parlamento de Galicia, co obxectivo de reforzar a defensa dos intereses da comarca. Fernández agradeceu expresamente o apoio recibido durante o tempo no que desenvolveu funcións como concelleira, ao tempo que puxo en valor o traballo realizado polo Bloque no ámbito municipal. No escrito subliña que, tras sete anos de traxectoria política activa a nivel local e a piques de cumprir tres como edil, considera que debe asumir “por responsabilidade” unha dedicación plena á súa tarefa parlamentaria.
A xa exconcelleira sinala que empregará “todos os esforzos” no seu traballo como deputada para trasladar ao debate lexislativo as demandas das comarcas do Deza, Tabeirós e Terra de Montes, facendo fincapé na realidade do medio rural, ámbito do que procede, e na súa área de especialización en Política Social. O seu propósito, segundo indica, é situar na axenda parlamentar as reivindicacións que considera xustas para mellorar as condicións de vida da veciñanza e contribuír á construción da alternativa política que o BNG propón para Galicia.
No comunicado tamén fai referencia ao momento interno que atravesa a organización nacionalista en Lalín, cualificando a súa saída como un “paso ao lado” que permitirá abrir un novo ciclo no grupo municipal. Nese contexto, expresa o seu respaldo á nova candidata, Mari Fernández, quen contará, segundo afirma, co seu apoio e colaboración antes, durante e despois do proceso que se abre na formación a nivel local. Ariadna Fernández defende que a presenza activa no Parlamento Galego resulta clave para reforzar o peso político da comarca e chegar en mellores condicións ás próximas citas electorais, tanto municipais como autonómicas. Amósase convencida de que o traballo desenvolvido polo BNG no Deza, Tabeirós e Terra de Montes permitirá incrementar a representación institucional e ampliar a base social da organización nos vindeiros comicios.
Licenciada en Veterinaria pola USC e Máster en Produción de Leite, exerce a profesión como clínica de granxas animais, en especial gando vacún, na comarca de Deza dende fai 11 anos. Colabora activamente na explotación familiar, é feminista e firme defensora do rural.
Perfil parlamentario e de actividade de Ariadna Fernández: https://www.es.parlamentodegalicia.es/Composicion/Deputados/513/ariadna-fernandez-gonzalez