-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
ADEGA, recoñecida a nivel estatal polo seu labor na custodia do río Arnego e a conservación do bosque autóctono
Fecha 05/05/2025
O proxecto Cust Forest elixiu a iniciativa de ADEGA “Custodiando os Sobreirais de Arnego” como caso de éxito estatal de custodia forestal. Esta iniciativa é unha das 20 experiencias destacadas pola súa capacidade de impacto social, conservación da biodiversidade, continuidade no tempo e xestión innovadora. Dito proxecto está impulsado por unha entidade de referencia en España en protección do territorio, a Xarxa de Custodia do Territori (XCN) de Catalunya. Esta selección supón para esta asociación un recoñecemento ao traballo que leva realizando desde 2016 no río Arnego, cun acordo de custodia do territorio, abarcando a parcela da Zarra da Pena e a contorna do río Arnego.
ADEGA foi escollida por levar a cabo unha serie de accións entre as que destacan a eliminación da flora exótica, a plantación de especie autóctonas como a sobreira (Quercus suber) e a mellora de hábitat para especies protexidas de morcegos (Myotis myotis, Rhinolophus ferrumequinum e R. hipposideros) e gasterópodos (Geomalacus maculosus, Elona quimperiana). Así como tamén por crear inventarios de flora e fauna, recuperar elementos naturais e etnográficos, e accións de voluntariado ambiental dentro do Proxecto Fluviatilis.
De forma complementaria, ADEGA impulsa diariamente a bioeconomía local, o uso sostible da cortiza e un turismo respectuoso co medio ambiente, coa participación da poboación en salvagárdaa e divulgación do medio ambiente. A asociación asinou recentemente dous novos acordos de custodia co obxectivo de expandir a superficie protexida, reafirmando a súa dedicación á preservación activa e participativa dos espazos naturais de Galicia.
Con todo, ADEGA non é a única iniciativa galega seleccionada. O monte veciñal de Froxán, no municipio de Lousame (A Coruña), tamén é un dos elixidos pola súa promoción da xestión forestal para a recuperación de bosque autóctono, a loita contra os incendios forestais e a promoción do patrimonio natural e cultural do territorio.
Outro no territorio galego é Fragas do Mandeo, unha iniciativa de custodia en terreos propiedade do concello de Coirós que promove a recuperación do bosque autóctono da zona. O Monte de A Espenuca é un lugar con alto valor cultural e ecolóxico que se ve ameazado polo avance de especies exóticas. Este proxecto conseguiu ter un viveiro propio no que cultivan especies autóctonas e coas que conseguen reforestar os bosques da Espenuca, conseguindo un gran coñecemento sobre as mellores prácticas para a plantación de 18 especies de árbores autóctonas e obtendo unha gran eficacia na súa rexeneración.
Finalmente, a Asociación Galega de Custodia do Terreo tamén foi elixida pola súa protección do monte Piornedo, no municipio de Cervantes (Lugo), un monte con gran valor ecolóxico, paisaxístico e cultural que se atopa nun estado de conservación favorable, pero que, ao tratarse dun monte comunal, co paso dos anos foi perdendo a regularización da súa propiedade.