-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
ADEGA amplía dous desafíos á campaña “Ti podes paralos!” e organiza una charla informativa con recollida de fondos en Lalín
Fecha 19/06/2023
ADEGA está a ampliar a súa campaña de recadación solidaria “Ti podes paralos!” sumando dous novos desafíos, os proxectos eólicos Valdepeira e Pico Seco, na provincia de Pontevedra, os cales foron autorizados pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética. Co recadado esperan poder presentar a interposición de recursos contencioso-administrativos contra o actual modelo eólico depredador e insustentábel promovido pola Xunta de Galicia. ADEGA organiza tamén unha charla informativa e unha recadación de fondos presencial sobre estes desafíos no Casino de Lalín o vindeiro xoves 22 de xuño ás 20:45 horas.
Os proxectos eólicos Valdepereira e pico Seco forman parte dun macropolígono nos concellos de Lalín e O Irixo, nas comarcas de Deza e O Carballiño, promovido pola empresa Aerogeneración Galicia S.L. En total, estes proxectos supoñen máis de 50MW de potencia eólica e concentran uns 13 aeroxeradores que chegan aos 180 metros de altura o que supón unha ameaza para os espazos protexidos que se atopan aos arredores como é a Zona de Especial Conservación Serra do Candán. Pero non só é perigoso para esa zona senón que tamén poñerían en perigo á conectividade ecolóxica que existe entre diversos espazos protexidos próximos ao macropolígono. Hai tres áreas que son prioritarias para a protección da avifauna, así como tamén as zonas de Rede Natura Serra do Cadán, Serra do Cando, Pena Veidosa, Monte Faro ou Brañas do Xestoso.
Os 13 aeroxeradores son os que máis dano farían á avifauna ameazada da zona, a cal está incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, en especial a tartaraña cincenta ou Circus pygargus que se atopa en estado vulnerable. Tamén supoñen un grave perigo para o lobo xa que afecta directamente a zonas de encame e puntos de encontro desta especie debido a que as infraestruturas fragmentarían o seu hábitat.
Así mesmo, a calidade paisaxística tamén estaría afectada por esta situación, estragando varias devesas maduras de alto valor ecolóxico e cultural como son a Devesa de Ermida do medio ou do Campo dous Lobos, a Devesa e coto de Surribas, a Devesa do Alén, a Devesa de Abeleda, a Devesa de Froufe ou o val do río Viñas, onde conflúe co río do Testeiro. Do mesmo xeito, o proxecto eólico Pico Seco prexudica tamén gravemente ao patrimonio cultural polas repercusións directa no interese do conxunto etnográfico “Foxo do Cabrito”, na lanuxe Camiño de Arrieiros ou no castro de Zacarade.
Para a recadación destes dous desafíos, ADEGA estableceu que esperan conseguir uns 6.500€ para cada un en dúas fases. A primeira terá unha duración dun mes desde o 31 de maio ao 1 de xullo na que cre preciso chegar a un mínimo de 3.000€ para cada un dos proxectos para poder garantir a presentación de ADEGA no pertinente recurso administrativo de alzada e a elaboración dun informe técnico ambiental, ademais de poder cubrir outros posibles gastos de xestión. Na segunda fase, a asociación espera conseguir os 3.500€ restantes para a interposición do recurso contencioso-administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a solicitude de paralización cautelar. Polo momento, ambas as campañas están a 10 días para que chegar ao reto económico da primeira fase.
Para máis información, ADEGA realizará este xoves 22 de xuño unha charla informativa sobre estes dous desafíos na que intervirá o biólogo Martiño Nercellas, María Campos Arca de Alarma Terra de Montes, e José Luis Rodríguez Jácome de Roteiros de Lalín. A charla realizarase ás 20:45 no Casino de Lalín. Aproveitando a ocasión, tamén levará a cabo unha recollida de fondos para conseguir os obxectivos esperados.
Para máis información sobre os desafíos e a campaña “Ti podes paralos!” visite a seguinte páxina: https://tipodesparalos.helpbys...