-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
A oposición pide explicacións á concelleira de comercio por “abroncar” a unha comerciante crítica coas “Aldeas de Nadal”
Fecha 03/02/2021
Ainda que xa estamos metidos de cheo no mes de febreiro, e as festividades do nadal xa quedaron atrás, as “Aldeas do Nadal” de Lalín seguen a suscitar debate.
Esta idea, alabada por moitos cidadáns, tivo unha gran acollida como medida para incentivar a vida comercial do noso concello, e que xa se levara a cabo o pasado ano. Unha boa iniciativa, se o escenario deste 2020 non estivese marcado por unha situación sanitaria complicada, na que Lalín, días antes da súa inauguración fora quen de reducir o número de casos por Covid logo de aplicar duras restriccións o goberno autonómico, e que afectaron á actividade dos comerciantes do concello, sobre todo no sector hosteleiro. Lembremos amais, que as “Aldeas do Nadal” deste ano aumentou no número de casiñas instaladas en diferentes localizacións do concello.
Unha iniciativa alabada por moitos pero tamén criticada por otros tantos, pois as “aldeas” supuxeron que se visen aglomeracións que poñían en grave risco as boas estatísticas que Lalín estaba a conseguir no tocante á reduccións de casos Covid. Veciños e comerciantes vían con preocupación como nas “Aldeas do Nadal” non se estaba a gardar a distancia social entre os asistentes, que logo unha boa parte deles, acudía a locais hosteleiros e comerciais, pondo en risco os negocios ante un posible gromo.
Queixas que parece que non “sentaron” ben no concello, e en particular á concelleira de comercio, pois segundo a oposición, Karen Fernández Lamela, abroncou telefónicamente a unha comerciante crítica coas aglomeracións das “Aldeas do Nadal”.
A oposición pide explicacións á concelleira de comercio
Os grupos municipais de Compromiso por Lalín e BNG esixen explicacións á concelleira de comercio Karen Fernández Lamela polo incidente que tivo cunha comerciante do centro de Lalín. Segundo explican esta persoa, crítica coas aglomeracións que se viron nas «Aldeas do Nadal», recibiu unha chamada de Fernández Lamela, na que lle recriminaba a “atitude da súa compañeira de tenda, chegando a acusala presuntamente incluso de facer fotos nas Aldea do Nadal sen máscara”, este último feito desmentido pola comerciante.
Engade a oposición que a actitude na que a concelleira se dirixe a uns “comerciantes que opinan libremente, aos que se chegou a referir con improperios” é intolerable. Din que non se trata dun feito aillado, pois lembran que Fernández Lamela protagonizou algúns “coñecidos xa, no propio Pleno polos que se tivo que desculpar publicamente, e outros en reunións con outras comerciantes críticas co xeito de xestionar o Concello as axudas”.
CXL e BNG anuncian tamén que, no caso de que este incidente non se aclare, pedirán a comparecencia en Pleno da concelleira para esixir a súa dimisión.