-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
Propoñen unha partida para a compra de ordenadores que axude a reducir a fenda dixital
Fecha 26/02/2021
O Bloque Nacionalista Galego de Lalín, ven de solicitarlle ao gobernó municipal a dotación dunha partida para a compra de ordenadores para estudantes.
Segundo o voceiro municipal do BNG, Francisco Vilariños, esta liña de axudas, cun máximo de 450 euros, estaría dirixida a familias con nenos e mozos estudantes menores de 20 anos para que poidan adquirir, ou se xa o fixeran ao longo da pandemia, un ordenador.
“O que buscamos con esta iniciativa é rematar coa fenda tecnolóxica que padecen as familias con menores ingresos económicos”, apuntan, unha situación que se viu agravada no último curso académico pois debido ao peche dos centros, o curso tivo que desenvolverse de forma telemática. Afirma Vilariño, que moitas familias lalinenses “non contaban con terminais cos que nenos e adolescentes poideran continuar o curso a distancia, durante as primeras semanas de confinamento”. A «situación de pandemia creou unha fenda dixital moi visible, e queremos que se corrixa e que todos os alumnos teñan as mesas oportunidades», apunta.
Unhas posibles bases para as axudas
Amais da proposta desta liña de axudas, o BNG facilita unas posibles bases para levar a cabo esta iniciativa. Indican que poderían acollerse á axuda as familias con nenos ou mozos de ata 20 anos empadronados Lalín, matriculados en ensinanzas de educación primaria, secundaria, ciclos formativos, bacharelato, estudos universitarios e escola de adultos e que non sobrepasen os umbrais económicos de renda familiar.
Para o BNG lalinense esta liña de axudas debería ter “carácter retroactivo” polo que se podería presentar facturas dende o 15 de marzo, data na que se iniciou o estado de alarma.
Para os nacionalisats esta axuda non só permitiría axudar ás familias con menores ingresos económicos, senón que tamén contribuiría a fomentar o comercio local.