-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
Os socialistas piden responsabilidades polos continuos atrasos na reparación do Lalín Arena
Fecha 05/02/2021
O PSdeG-PSOE de Lalín denuncia que o proxecto de repoisición da cuberta do Lalín Arena segue sen levarse a cabo, logo de case dous anos dende que se produciu o pedrazo que ocasionara os deperfectos nas instalacións municipais. Explican que a pesar dos innumerables anuncios, máis de sete indican, e «a propaganda do goberno municipal sobre o proxecto de reparación segue chovendo no pavillón» o que aumenta os estragos . Un feito polo que os socialistas piden responsabilidades ao concelleiro de Deportes.
A cronoloxía «deste atallo de mentiras» di a formación política, remóntase a hai máis dun ano cando o goberno anunciara que a reposición da cuberta se levaría a cabo durante o verán de 2020. Non foi así e pasaron a dicir que as obras se realizarían cando “o tempo o permita”. Chegado o inverno sen ningunha actuación anunciouse o seu inicio para o 8 de decembro. Para logo rectificar o rexedor aos poucos días do anuncio anterior, e afirmou que se iniciaría o proxecto rematadas as festas de Nadal, e que tampouco se realizaron nesa data.
O pasado día 8 de xaneiro o concelleiro realiza un novo anuncio e asegura que as obras comezarían o luns día 11, pero de novo foi rectificado aos cinco días e informan que as obras se atrasan unha semana máis por casos de Covid na empresa encargada da resposición.
Case tres semanas despois no Lalín Arena non se están a realizar ainda ningún traballo para repoñer a cuberta, por iso os socialistas acusan a «Souto de ter o Lalín Arena totalmente abandonado e achacan á súa incompetencia o feito de que case dous anos despois o Concello non fose capaz de arranxar os estragos».