-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
Lalín Arena: chove sobre mollado
Fecha 12/03/2021As obras no Lalín Arena seguen a ser actualidade, pois amais de que os arranxos da cuberta comenzaron con meses de atrasos, onte o pavillón amenceu cuberto de auga. O motivo non foi outro que, coas obras que se están levar a cabo na instalación e a choiva que caeu o xoves, as filtracións voltaron a facer acto de presencia provocando que a pista do Lalín Arena quedase cuberta de auga.
Así o denuncia tamén o PSdeG-PSOE de Lalín que explica que o acontecido non se deba a outra cousa que unha mostra máis da “mala planificación dos traballos de reposición da cuberta” que lebran son responsabilidade do concelleiro, Avelino Souto.
Os socialistas califican como “desfeita” o sucedido e advirten que “a humidade danará por completo a cancha e que será preciso cambiar o parqué de toda a pista e non só os treitos afectados ata o momento”. “É inadmisible que ante a previsión de chuvia non se tomase ningún tipo de medida e non se cubrise a pista coa lona de protección”, engaden.
El PSOE explican que “o deporte está medio parado, o Arena vai a ralentí e non é nin sequera capaz de planificar unhas obras que chegan con meses de atraso”.
Ante elo, non descartan pedir a dimisión de Avelino Souto, no caso de que se confirme a gravidade das consecuencias por estas novas filtracións.