-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
José Crespo e as demandas de Lalín no Senado: balance dunha lexislatura na Cámara Alta
Fecha 27/11/2026
Nesta lexislatura que remata e se renova presentáronse 12 iniciativas parlamentarias relativas a Lalín dun total de 67 que se fixeron desde 1977. As iniciativas rexistradas desde 2023 no Senado abordan cuestións relacionadas coas infraestruturas, os servizos públicos e as comunicacións do municipio e da comarca de Deza. Entre os asuntos que chegaron á Cámara Alta figuran as reclamacións sobre o estado e o mantemento das estradas N-640, N-525 e N-120, a situación do servizo de Correos, a atención presencial da Axencia Tributaria e a oficina da Seguridade Social, así como cuestións relacionadas coa obtención do permiso de conducir en Lalín. Tamén se formularon preguntas sobre a ocupación dun inmoble da Sareb na rúa Álvaro Cunqueiro e sobre os problemas de seguridade que xera.
A súa traxectoria política está ligada principalmente á administración local. Segundo a biografía publicada polo Senado, é gandeiro e fundador da Cooperativa Aprodeza, da que foi presidente durante dez anos. Tamén exerceu como vicepresidente da Deputación de Pontevedra durante dúas décadas e presidiu a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) durante catro anos.
José Crespo: tres lexislaturas no Senado
O alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, estivo en tres lexislaturas no Senado, a primeira vez durante a XI Lexislatura (do 13 de xaneiro ao 3 de maio de 2016), a segunda na XII (do 19 de xullo de 2016 ao 5 de marzo de 2019) e a terceira na XV e recen rematada, na que obtivo acta por Pontevedra o 23 de xullo de 2023 pola lista do PP e integrou o Grupo Popular, na que agora volve a ser candidato.
Durante a XV Lexislatura, José Crespo formou parte de seis órganos parlamentarios do Senado. A súa principal responsabilidade foi a de vicepresidente primeiro da Comisión de Agricultura, Gandaría e Alimentación, cargo que desempeñou entre o 5 de decembro de 2023 e o 5 de outubro de 2026, coincidindo co remate da lexislatura. Previamente, desde o 5 de decembro de 2023 ata esa mesma data, figurou como vocal da comisión. Ademais, foi vocal da Comisión de Asuntos Exteriores e da Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento durante toda a XV Lexislatura, desde o 5 de decembro de 2023 ata o 5 de outubro de 2026.
A súa participación estendeuse tamén á Comisión Mixta para a Unión Europea, na que exerceu como vocal entre o 12 de decembro de 2023 e o 26 de agosto de 2026. Nos últimos meses do mandato incorporouse á Comisión de Facenda, na que permaneceu como vocal desde o 25 de agosto ata o 5 de outubro de 2026. En conxunto, a súa actividade institucional na Cámara Alta estivo especialmente vinculada á política agraria, a través da vicepresidencia da comisión sectorial, aínda que tamén participou nos órganos dedicados ás relacións exteriores, a cooperación internacional, a Unión Europea e a Facenda.
Na súa última etapa como senador formou parte de cinco comisións. A súa principal responsabilidade foi a vicepresidencia primeira da Comisión de Agricultura, Gandaría e Alimentación, cargo que desempeñou desde o 5 de decembro de 2023 ata o remate da lexislatura. Tamén foi vocal nas comisións de Asuntos Exteriores e Cooperación Internacional para o Desenvolvemento durante practicamente todo o mandato. Incorporouse á Comisión de Facenda o 25 de agosto de 2026, pouco antes da disolución das Cortes, e participou na Comisión Mixta para a Unión Europea desde decembro de 2023 ata agosto de 2026.
Actividade “individual”
En canto á súa actividade parlamentaria, a ficha oficial recolle que participou, na maior parte dos casos como co-asinante, en 101 preguntas con resposta escrita, dúas preguntas orais no Pleno, unha iniciativa dentro dos asuntos relativos ao Pleno e dúas solicitudes de informe ao abeiro do artigo 20 bis do Regulamento do Senado. Ademais, interveu en tres mocións en comisión, unha proposición non de lei en comisión mixta e dúas preguntas orais no Pleno. A súa actividade incluíu tamén unha intervención vinculada á Comisión Mixta para a Unión Europea.
As declaracións de actividades e as retribucións
A documentación do Senado recolle que, ao adquirir a condición de senador en agosto de 2023, Crespo declarou como actividades o seu cargo de alcalde de Lalín, a pertenza á Mancomunidade do Deza e a presidencia do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra Norte, dos que non percibe salario pero si dietas ao optar polo salario de senador. A súa ficha tamén inclúe unha comunicación sobre retribucións e documentación complementaria relativa ás actividades declaradas.
No apartado económico, o réxime retributivo do Senado establece únicamente unha asignación mensual como senador, de 3.417,54 euros brutos, á que se engaden os complementos correspondentes, co que se achega aos 7.000€, ao completarse, no caso de Crespo, a vicepresidencia primeira da Comisión de Agricultura supuña un complemento de 1.270,96 euros mensuais. Ademais, os senadores elixidos por circunscricións distintas de Madrid perciben 2.193,50 euros mensuais en concepto de indemnización para gastos derivados da actividade parlamentaria, unha cantidade exenta de tributación. As percepcións recollidas no réxime económico distribúense en 14 pagas.
Na súa declaración de actividades, asinada o 7 de agosto de 2023 e rexistrada no Senado o día 9 dese mes, José Crespo fixo constar catro responsabilidades públicas: alcalde do Concello de Lalín, membro da Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), membro da Mancomunidade do Deza e presidente do GDR Terras de Pontevedra Norte. Pola contra, nos apartados relativos ao desempeño de funcións ou postos ao servizo dunha Administración pública, actividades privadas por conta allea ou propia, ingresos con cargo ao sector público, funcións ao servizo de estados estranxeiros e outras actividades que puidesen proporcionarlle ingresos económicos, consignou «nada que declarar». É dicir, identificou os seus cargos institucionais, pero non declarou outras actividades profesionais privadas nin ingresos ou funcións adicionais.
As iniciativas sobre Lalín: traballo individual e iniciativas conxuntas
A revisión dos expedientes permite diferenciar as preguntas rexistradas individualmente por Crespo das presentadas conxuntamente coas outras dúas senadoras populares elixidas por Pontevedra: Nidia María Arévalo Gómez e María José Pardo Pumar.
Das doce iniciativas parlamentarias relacionadas con Lalín rexistradas desde 2023, polo menos unha figura expresamente a nome exclusivo de José Crespo sobre a ocupación do inmoble da Sareb na rúa Álvaro Cunqueiro. Outras das reivindicacións sobre servizos e infraestruturas da comarca foron presentadas conxuntamente coas senadoras Nidia Arévalo e María José Pardo. A reclamación sobre a recuperación de trámites da Seguridade Social tamén foi anunciada por Crespo, aínda que queda pendente comprobar a súa autoría formal no expediente.
Outras iniciativas sobre Lalín foron rexistradas conxuntamente polos tres representantes do PP de Pontevedra. Entre elas están a situación do persoal da unidade de reparto de Correos de Lalín, que atende tamén Agolada, Dozón e Rodeiro; o estado da N-640 e as necesidades de mantemento desta estrada, especialmente nos tramos de Deza; o peche ao paso peonil da ponte de Ponte Taboada, na N-525, entre Lalín e Silleda, e as obras previstas nese punto; a situación da N-640 e a falta dunha vía de alta capacidade entre Pontevedra e Lugo, coa reclamación da autovía Pontevedra-Lalín-Lugo; a instalación dun centro de exames da Dirección Xeral de Tráfico en Lalín, para evitar que os aspirantes teñan que desprazarse ata Pontevedra; a falta dunha oficina presencial da Axencia Tributaria en Lalín ou na comarca, que obriga os contribuíntes a desprazarse a outras localidades; e a información sobre as multas e a recadación dos radares do Destacamento de Tráfico de Lalín, que dá cobertura a nove concellos.
Estas preguntas ilustran que boa parte da actividade dos representantes populares no Senado relacionada con Lalín se canalizou mediante iniciativas compartidas, e non exclusivamente a través do alcalde-senador. A autoría conxunta permite identificar unha actuación coordinada dos tres representantes provinciais do PP.