-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
CxL DENUNCIA ABANDONO DE INFAESTRUCTURAS BÁSICAS E FALLA DEMOCRÁTICA
Fecha 26/04/2021
BNG e Compromiso por Lalín manifestaron hoxe conxuntamente as súas críticas polas intencións do goberno de Lalín de levar, de facto, a finais do 2023 a celebración de
Francisco Vilariño, portavoz do BNG puxo en evidencia a “falsidade” que supón que, no pleno do 29 de xaneiro de este mesmo ano, se reiterase a intención do goberno e o propio Xosé Crespo de celebralas devanditas eleccións, para agora incumprir ese anuncio facendo un novo, que as anularía por case tres anos. Cualificou ao goberno de prepotente, mentir nesta materia (e noutras) e incumprir compromisos. Afirmou que esta decisión é “unha perda de dereitos democráticos en Lalín”
Rafael Cuiña, pola súa banda (logo de afirmar que si volve a ostentar a alcaldía as convocará antes de rematado ese mesmo ano) afirmou que a decisión vai contra principios básicos e que “ao PP o que lles gusta e ter á xente sumisa”.
Cuiña denunciou a actitude do goberno de evitar a participación cidadá na vida municipal, con decisións como esta que vai ser debatida nun pleno – maratón que vai ter 21 puntos na orde do día e que ademais vai ser telemático pola pandemia