-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
Compromiso por Lalín: “o goberno debe valorar dar un paso atrás coa reforma das rúas do centro, con fondos europeos, por rebaixar o proxecto inicial”
Fecha 15/02/2021
Así o expón o coordinador de Compromiso por Lalín, Rafael Cuíña. As reformas que se pretenden levar a cabo en rúas do centro da localidade, parte da Rúa Principal e Joaquín Loriga, lembran con fondos europeos conseguidos duranto o seu mandato, desvirtúan “un proxecto que naceu para dar un salto cualitativo na zona, e que Crespo Iglesias pretende investir cartos europeos para que sexa máis do mesmo”.
Advirte Cuíña que estas obras “van a ter aos veciños e veciñas seis meses cabreados, para dar un resultado que non vai ser o antes e despois que nós pretendiamos nesa rúa”, e engade que este non sería o primeiro proxecto impulsado por Compromiso durante o seu goberno e que o actual “rebaixa en calidades e en ambición”. Para Cuíña, os fondos EDUSI (Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado), íanse empregar coa intención de preparar a Lalín para o futuro, pero agora, “pretenden aplicalos nin valendo para o presente”. Engaden que pretendían desenvolver un proxecto “ambicioso para mellorar a calidade de vida dos lalinenses, e atraer ao centro iniciativas empresariais para os numerosos baixos baleiros, facendo desa rúa o corazón de Lalín”.
Para a oposición os fondos EDUSI creáronse como unha estratexia transformadora, algo que non ven, din, neste proxecto, e recriminan que se están a gastar estes fondos “en calquera cousa” como está a facer o goberno actual “ao que non se lle coñecen proxectos propios” e que só fan que “rebaixar os que deixamos os demáis”, engaden dende a formación de Rafael Cuíña.