-
lalin.net o teu portal de información
NOVAS
Biometano no rural galego: a promesa verde que cheira a conflito
Fecha 27/01/2026
A tarde do pasado sábado, Lalín converteuse nun punto de encontro dunha preocupación que medra en silencio no rural galego. A charla informativa “Biometano: solución ou destrozo?”, organizada pola Plataforma Ulloa Viva e pola Asociación A Grela, puxo sobre a mesa unha realidade que xa non se limita a un único concello nin a un proxecto illado. A intención de instalar unha planta de biometano en Amance (Agolada) e outra en Alperiz (Lalín) foi o detonante dun acto que reuniu a veciñanza, persoal investigador e colectivos sociais para analizar, con datos e experiencias contrastadas, que hai realmente detrás dunha tecnoloxía presentada como verde, pero que no territorio comeza a xerar máis alarma ca esperanza.
O encontro reuniu a investigadores, profesionais do sector agrario, representantes de plataformas veciñais e asociacións ecoloxistas, así como a persoas afectadas por proxectos xa existentes ou frustrados noutros territorios. Lonxe de discursos abstractos sobre transición enerxética, a charla centrouse en datos técnicos, experiencias contrastadas e impactos reais asociados ás plantas de biogás e biometano cando se implantan a gran escala no medio rural.
Nos últimos meses, o termo biometano comezou a aparecer con insistencia en documentos administrativos, presentacións empresariais e comunicacións institucionais. Asociado a conceptos como sustentabilidade, economía circular ou descarbonización, o seu despregamento no rural galego preséntase como unha oportunidade ambiental e económica. Porén, alí onde os proxectos baixan do papel ao territorio, a resposta social está a ser ben distinta: oposición veciñal, mobilizacións, recursos legais e unha crecente sensación de indefensión fronte a decisións xa tomadas.
O cheiro como síntoma
Un dos elementos que máis se repite nos testemuños veciñais e nas análises técnicas é o impacto odorífero das plantas de biogás e biometano. Daniel L. Vispo, licenciado en Químicas e exprofesor de Física e Química, advertiu nunha charla informativa celebrada en Lalín que os cheiros non son unha simple molestia, senón un indicador directo de risco sanitario.
As emisións de sulfuro de hidróxeno, amoníaco e compostos orgánicos volátiles prodúcense a doses perceptibles polo olfacto humano moi por debaixo dos límites legais, pero iso non as converte en inocuas. O sulfuro de hidróxeno, responsable do característico cheiro a ovos podres, é tóxico incluso a concentracións baixas, con límites ambientais de exposición diaria moi restritivos segundo o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. O mesmo ocorre co amoníaco, cuxas emisións se incrementan de forma significativa cando se aplica dixestato no canto de purín.
A intensidade do cheiro, segundo explicou o enxeñeiro agrónomo Xoán Castro, depende en gran medida das materias primas empregadas. Non é o mesmo unha planta alimentada exclusivamente con puríns e cultivos que outra que incorpora lodos de depuradora ou restos de matadoiros, sendo estes últimos os que máis sulfuro de hidróxeno xeran. A experiencia noutros territorios indica que, a partir de certas combinacións de residuos, o impacto odorífero pode percibirse a centos de metros, incluso quilómetros, das instalacións.
Do purín ao dixestato: máis volume, menos solo
Un dos argumentos máis utilizados polos promotores é que estas plantas resolven o problema dos excedentes de purín. Porén, tanto Vispo como Castro coinciden en sinalar que o purín non é un residuo, senón un recurso agronómico de alto valor, que só se converte en problema cando a administración permite cargas gandeiras superiores á capacidade real da terra.
Nas plantas de biometano, aproximadamente a metade da materia prima adoita ser purín. O proceso de dixestión anaerobia non fai desaparecer a materia: transfórmaa. O resultado é o dixestato, que supón arredor do 95 % do volume inicial, polo que por cada 10 toneladas de purín entrantes poden xerarse ata 19 toneladas de dixestato. Lonxe de reducir o problema, amplifícao, xa que ese novo produto tamén precisa terras onde ser aplicado.
Ademais, o dixestato presenta un menor valor agronómico: está máis mineralizado, alimenta peor os microorganismos do solo e ten menor capacidade de retención de auga. A súa liberación rápida de nutrientes aumenta o risco de contaminación de augas superficiais e subterráneas, así como de emisións á atmosfera. O purín, pola contra, actúa como fertilizante de liberación lenta e contribúe á estrutura e vida do solo.
Macroplantas, macroresiduos
Os proxectos que se están a promover en Galicia distan moito do modelo centroeuropeo de pequenas plantas de autoconsumo vinculadas a explotacións agrarias. En Alemaña, moitas instalacións xurdiron para xestionar puríns propios e producir enerxía para uso local. Aquí, segundo denunciou Xoán Castro, o purín é con frecuencia unha escusa para implantar grandes centros de tratamento de residuos.
O caso de Agolada é paradigmático. A empresa promotora prevé procesar 100.000 toneladas anuais de residuos, unha cantidade equivalente aos residuos urbanos xerados por unha cidade como A Coruña. O proxecto inclúe dúas balsas de 50.000 metros cúbicos cada unha (residuos de entrada e dixestato), cun consumo eléctrico anual equivalente ao de 600 vivendas e un consumo térmico semellante, cuberto mediante unha caldeira de biomasa que queima residuos tratados na propia planta.
A isto súmase o tráfico pesado asociado: decenas de camións diarios atravesando estradas locais, núcleos habitados e zonas agrícolas. No caso frustrado de Antas de Ulla, falábase de 40 camións diarios a menos de 300 metros das vivendas.
Falta de lei estatal
Un dos puntos máis reiterados nas intervencións é a ausencia dunha lei estatal de olores. Non existen límites claros nin distancias mínimas obrigatorias ás vivendas. Tampouco está regulado de maneira precisa o tempo mínimo de permanencia dos residuos nos dixestores para evitar riscos ambientais e sanitarios.
As autorizacións ambientais integradas concédense con condicións xenerais e listas amplas de residuos permitidos, que poden modificarse posteriormente sen unha avaliación rigorosa do impacto sobre a saúde pública. Cando isto ocorre, os veciños carecen de instrumentos legais eficaces para defenderse.
O contraste con Castela-A Mancha é significativo. O seu Plan de Biometanización estableceu distancias mínimas de ata 2 quilómetros aos núcleos de poboación, aínda que mesmo esa cifra foi considerada “totalmente insuficiente” pola propia Dirección Xeral de Saúde Pública da comunidade, que alertou do risco para acuíferos, da falta de avaliación sanitaria e da potencial afectación a actividades económicas como o turismo rural. En Agolada, algunhas aldeas quedarían a apenas 500 metros da planta proxectada.
Accidentes, metais pesados e resistencias aos antibióticos
A imaxe de tecnoloxía limpa contrasta coa experiencia acumulada noutros países. En Alemaña prodúcense accidentes en plantas de biogás con frecuencia quincenal, incluíndo verteduras masivas de puríns e dixestatos, danos ambientais e vítimas humanas. A Axencia Federal de Medio Ambiente cualificou estas instalacións como “complexas e cun potencial considerable de perigo”.
Diversos estudos científicos sinalan, ademais, que unha porcentaxe significativa dos dixestatos está contaminada con metais pesados como cadmio e mercurio, e que entre o 63 % e o 100 % presentan alto risco de favorecer a selección de bacterias resistentes aos antibióticos. Un problema sanitario global que se vería amplificado coa aplicación masiva destes produtos no solo agrícola.
O caso de SOLOGÁS, nas Somozas, engade outro elemento inquietante: a autorización para empregar, na obtención de biogás, residuos que inclúen pesticidas, disolventes, líquidos de freos, electrólitos de pilas ou substancias con mercurio e cianuro. Se o biometano só pode proceder de materia orgánica, a pregunta sobre o destino final destes compostos queda no aire.
Emprego, subvencións e rendibilidade real
Os promotores adoitan presentar estes proxectos como xeradores de emprego. Porén, as cifras oficiais de Mapfre indican que entre 20 e 25 plantas de biometano en España xerarían en total 70 empregos directos e 240 indirectos: uns 14 postos por planta, na estimación máis optimista.
Trátase, ademais, de empregos cun alto risco laboral, exposición crónica a gases tóxicos e escasa capacidade de fixación de poboación. Todo isto sustentado por un sistema de subvencións que explica en boa medida o interese empresarial: o biometano véndese a prezos moi superiores ao gas natural ao non pagar dereitos de emisión de CO₂, malia que estudos recentes indican que as emisións reais de gases de efecto invernadoiro ao longo da cadea son comparables ás do gas fósil.
O propio Tribunal de Contas Europeo advertiu de que o marco político da UE non aborda adecuadamente os riscos ambientais e socioeconómicos da bioenerxía no rural, mentres grandes compañías enerxéticas de Alemaña, Austria e Suíza dan por amortizadas as súas redes de gas, consideradas inviables incluso para biometano ou hidróxeno verde.
O conflito social como constante
En Agolada, Antas de Ulla ou Navia, a resposta veciñal seguiu patróns semellantes: falta de información inicial, reacción tardía das administracións, organización cidadá, recollida de sinaturas, charlas informativas e integración en plataformas estatais como Stop Biogás España.
No caso da Ulloa, un grupo de veciños chegou a presentarse a unha subasta pública para mercar uns terreos que non querían para nada, salvo para impedir a instalación dunha planta de biometano. Un xesto que resume ata que punto estes proxectos están a ser percibidos como unha ameaza existencial para o rural, máis que como unha oportunidade.
A economía circular, lembran investigadores e sindicatos agrarios, comeza e remata na terra. Todo o demais, especialmente cando se forza a escala, introduce variables que xa non se poden controlar dende o territorio.