-
lalin.net o teu portal de información
LALINENSES ILUSTRES
Benito Varela Jácome
Fecha 27/05/2025
Benito Varela Jácome naceu o 6 de marzo de 1919 en Soutolongo, parroquia do municipio de Lalín. Filólogo, divulgador, escritor, erudito, historiador e profesor de varios institutos e de dúas universidades, destacou polo seu traballo no eido da crítica textual. Investigador literario infatigable, a súa actividade superou o profesional para rozar a devoción. As fértiles terras de Soutolongo vírono nacer en 1919 e cando morreu, en 2010, recibiu sepultura na "súa Compostela", testemuña dos cualificativos que os seus discípulos lle outorgaron e entre os que figuran o de "persoa enorme, home humilde que exerceu a docencia con rigor e tenrura".
Fixo os seus estudos primarios e secundarios en Lalín e viviu os primeiros anos da súa xuventude en Barcia. Cursou o bacharelato en Pontevedra e a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, da que se licenciou en 1943. Pertenceu ao Sindicato Español Universitario (SEU) e desempeñou a súa xefatura na súa facultade. Dende 1960 foi catedrático de lingua e literatura españolas nos institutos de San Sebastián, A Coruña e Santiago de Compostela. Posteriormente, en 1977 exerceu como profesor na Universidade Complutense de Madrid, mais en 1980 trasladouse á Universidade de Santiago de Compostela (USC) para ser catedrático de literatura hispanoamericana.
En San Sebastián obtén por oposición a cátedra de Lengua y Literatura Españolas de Institutos de Ensino Medio e é na cidade donostiarra onde publica o ensaio Novelistas del siglo XX. Principia así un periplo por varios institutos, nos que comparte os seus coñecementos cos alumnos. Faino no Instituto Masculino da Coruña e, máis tarde, no Arcebispo Xelmírez de Santiago, cidade na que comeza a colaborar coa Universidade. Nestas anda cando decide opositar, con éxito, á praza de Literatura Hispanoamericana da Complutense de Madrid, onde dirixirá o departamento varios anos, até que en 1980 é nomeado director do de Literatura Española da universidade compostelá. A súa xubilación chegou nove anos despois. En 1994 nomeárono Director da Cátedra de Cultura Cubana Alejo Carpentier da Universidade de Santiago e ese mesmo ano a Xunta de Galicia concedeulle la Medalla Castelao, en recoñecemento ao seu labor docente e investigador. Ademais, o Ministerio de Educación concedeulle a Encomenda da Orde de Alfonso X o Sabio.
Coñeceu a guerra de cerca, no Ebro. Posiblemente, desta etapa fixo súa a lección da importancia de pasar pola vida con discreción, aínda que os teus actos e a súa transcendencia non o sexan.
Como alumno, os seus contemporáneos e algún mestre "colgáronlle" a etiqueta de exemplar. Foino, entre outros, de Torrente Ballester, con quen compartía a idea de que a literatura estaba por riba de idiomas e nomes propios, e a el unírono co tempo estreitos lazos de amizade. Como profesor de instituto foi definido por moitos como "un cacho de pan". Suso de Toro escribiría del anos máis tarde: "Aquel profesor de instituto renuente administraba as súas doses de xeito discreto e cauto entre eses adolescentes que se achegaban. Nunca se sabía, podíase abrir a porta en calquera momento e viren por un. Logo de que os discípulos partían do instituto para a vida ou para a universidade, algúns aínda roldaban polos corredores ou por aquel cuarto pequeno e cheo de libros que era o Departamento de Lingua e Literatura do centro. Ían á procura de libros ou a parolar sobre algunha lectura: acudían onda o mestre, non querían marchar de vez e voltaban á casa". Nestas mesmas páxinas do Faro adicadas ao Deza, Suso de Toro afirmaba que "non foi recoñecido" e que por iso mesmo sempre tivo "a necesidade de reivindicalo". A razón tena clara: "[...] aos adolescentes que asistimos ás súas clases nos colexios, institutos e incluso na Universidade transmitiunos unha serie de coñecementos aos que nunca poderiamos chegar doutro xeito". Del escribía, en 2006, José Luís Alvite no Faro de Vigo: "Recuerdo a don Benito Varela Jácome dictando sus clases al mismo tiempo que corregía en la mesa las cuartillas de algún brillante ensayo sobre literatura latinoamericana".
Colaborou con emisoras de radio, pronunciou centos de conferencias e escribiu moreas de artigos no xornal La Noche. Nos anos sesenta deixa un gran número de artigos nas páxinas do Faro de Vigo, algún memorable, como o dedicado ó libro de Pérez Lugín e ó edificio que lle daba nome: La Casa de la Troya (por certo, o máis veces publicado en castelán, logo da Biblia e do Quijote). Nunca unha actividade tan "visible" conseguiu facer ó seu autor tan "discreto".
Froito do seu labor docente e investigador en literatura hispanoamericana, escribiu artigos, ensaios e libros, moitos deles considerados fundamentais para o estudo por mestres e catedráticos que hoxe imparten análoga especialidade. Investigou e analizou todos os xéneros: sobre o teatro de Juan Ruiz de Alarcón, sobre a poesía de Gertrudis Gómez de Avellaneda, acerca da obra de Jorge Isaacs, do Aves sin nido de Clorinda Matto de Turner ou do recoñecido José Martí. Obras monográficas de obrigada referencia son: El cuento hispanoamericano contemporáneo (1976), Estructuras novelísticas de Lezama Lima (1977), Estructuras profundas en Pedro Páramo (1980), Evolución de la novela hispanoamericana en el siglo XIX (1982), Función de los modelos culturales en la novelística de Sábato (1983) e Tensiones españolas en la "Consagración de la primavera" (1986).
Publicou ademais ducias de traballos sobre obras de consagrados autores, como Julio Cortázar, Huidobro, Vallejo ou García Márquez, e non esqueceu Varela Jácome prestar unha ampla atención á literatura galega, con estudos, publicacións e edicións sobre obras e autores da importancia de Rosalía de Castro, Castelao e Álvaro Cunqueiro, ou á española, centrándose, entre outros, en Espronceda, Larra, Clarín, Galdós, Valera, Valle-Inclán ou Pío Baroja. Na súa obra Singraduras da narrativa galega segue a evolución do relato galego dende finais do século XIX ata as últimas tendencias narrativas. En canto á literatura española, tamén fixo edicións e estudos sobre Espronceda, Larra, Clarín, Galdós, Valera, Valle-Inclán e Pío Baroja, entre outros. Ademais, publicou traballos en Cuadernos de Estudios Gallegos e foi crítico literario dos diarios Faro de Vigo e de La Noche de Santiago de Compostela.
A crítica, a didáctica e a teoría literaria formaron parte do seu traballo investigador e divulgador: Nuevas técnicas del análisis de textos (1981), Análisis estructural de novela, poesía y teatro (1985) e Estructuras novelísticas del siglo XIX (1973) son bos exemplos diso.
Do seu traballo, a profesora da Universidade de Sevilla Trinidad Barrera dicía non hai moito que era "modélico en muchos sentidos". E apuntaba: "Las líneas de preocupación de Benito Varela Jácome han sido muchas, formado en la Literatura Española, con un conocimiento de la misma sólido y crítico al mismo tiempo, supo mirar a la Literatura Hispanoamericana sin complejos, sin considerarla una hija bastarda de la española –visión que lamentablemente aún persiste en algunos sectores del mundo académico español– y dado que lo hizo desde fecha muy temprana, me estoy refiriendo a los años de formación de algunos de los que estamos aquí presentes, la mítica década de los setenta, el influjo que tuvo su labor sobre nosotros es un hecho objetivo".
Foi tamén colaborador habitual do Centro Superior de Investigacións Científicas e do prestixioso Instituto Padre Sarmiento, membro de numerosas institucións académicas e culturais, e debido á súa actividade docente e investigadora en Literatura Hispanoamericana, foi presidente honorario da Asociación Española de Estudios Literarios Hispanoamericanos dende a súa fundación, en 1992. Logo da xubilación, por razóns de idade, dedicoulles os seus últimos anos profesionais á investigación e á escritura.
Posuidor, en vida, dunha impresionante biblioteca sobre novelística hispanoamericana, ensaios, edicións críticas... esta foille cedida á Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes da Universidade de Alacante, para a súa dixitalización, difusión e conservación. Disque foi un escritor de ficción e novela histórica "frustrado", unha frustración libremente imposta: moito do escrito foille lido ós seus alumnos, pero até aquí quixo que chegara o seu público, dato que afonda nesa imaxe de galego "que nunca se mostraba completamente".
Morreu o 21 de outubro de 2010 aos 91 anos de idade, tras dedicar toda a súa vida á docencia. Ademais de ser un gran escritor e investigador, cabe destacar que Varela Jácome reuniu un importante fondo bibliográfico sobre a novelística hispanoamericana do século XIX e cedeuno todo á Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes da Universidade de Alicante para a súa dixitalización porque dicía que era “unha boa forma de conservar este patrimonio”.