-
lalin.net o teu portal de información
LALINENSES ILUSTRES
Andrés Ramos Castro
Fecha 12/09/2025
Andrés Ramos Castro (Lalín, 1962). Sacerdote e profesor, cun master en Doutrina Social, é un estudante permanente que, na actualidade, fai Xornalismo.
Cursa os estudos de primaria e o bacharelato na capital de Deza e coa maioría de idade trasládase a Santiago para estudar Filosofía e Teoloxía. O tamén lalinense frei José Higinio Gómez ordénao sacerdote en Lugo en 1987, ano no que comeza a súa carreira como profesor e sacerdote no Seminario Maior. Tres anos despois, en 1990, trasládase para exercer o sacerdocio en Navia de Suarna e de aí, a Madrid, cidade na que, a partir de 1993, desenvolve unha grande actividade, especialmente entre a xuventude, en varios colexios e parroquias, como coordinador da pastoral xuvenil da zona norte de Madrid.
Cos seus sesenta e tres anos, din os que saben disto, ten por diante unha "carreira" que apunta altas responsabilidades. Na actualidade exerce as súas funcións como sacerdote, secretario xeral adxunto da provincia eclesiástica madrileña e director do secretariado da Pastoral Universitaria de Madrid e notario eclesiástico, ademais de ter a honra, segundo el mesmo di, de ser o capelán das Asociacións galegas en Madrid. Galego e lalinense dos pés á cabeza torna á terra sempre que pode e, mentres, cura a morriña entre paisanos na capital.