Editorial

Share on facebook
Share on twitter

Logo duns primeiros pasos como perfil en redes sociais, quixemos dar resposta a nosa vocación de contribuír á sociedade na que vivimos ou nacemos…  e converternos nun portal informativo, dende o que compartir novas e todo tipo de cuestións, producidas polos nosos redactores e colaboradores,  ou aquelas cuestións que nos fagan chegar os seguidores, para súa publicación… só é condición que sexan de interese xeral ou de servizo.

 

Medioambiente e temas socio – sanitarios (terceira idade, menores, sanidade…) serán asuntos prioritarios. E por suposto medio rural e turismo (sostenible… non todo vale) tamén terán o seu lugar.

 

Por riba de calquera outra consideración o noso obxectivo fundacional é contribuír a unha sociedade crítica co que lle rodea e afecta. Carecemos de vínculos políticos ou de afiliación de calquera tipo e consideramos o dereito a informar e opinar (dende o respeto e a profesionalidade, como comunicadores que somos) e a participar de xeito activo nos procesos de decisión.

 

O PORTAL DE INFORMACIÓN LOCAL  www.lalin.net está dirixido polo editor da páxina de Facebook homónima. Ademais das seccións eminentemente informativas dará prioridade a aspectos divulgativos e de denuncia cidadá, pero sobre todo, aberta a colaboracións de todos e todas. Se queres formar parte do proxecto, aportando colaboracións de calquera tipo podes facelo enviando suxestións a  info@lalin.net

 

As novas publicación nesta web grove.org teran reflexo e anuncio na nosa páxina de Facebook que te convidamos, se aínda non o fas, a seguir.

 

“A liberdade de opinión e expresión, que é “sagrada” para nós, só pode existir no contexto y o “caldo de cultivo” do decoro, a boa educación,  o bo gusto e o respecto á dignidade das persoas.

 

F S Dragó. Escritor español”.

Sobre Lalín.net

lalin.net está dirigido por el editor de la página de Facebook homónimo, cuenta con secciones de Medioambiente, Cultura y Sociedad, Actualidad Local, Comarca, Deportes y OPINIÓN. Además de apartados divulgativos y de denuncia ciudadana. 

Podcast - Lalín e arredores

últimas entradas