A Encomenda do Cocido incorpora hoxe a 15 chefs de restaurantes que suman máis de 40 Estrelas Michelín

Share on facebook
Share on twitter

A Encomenda do Cocido de Lalín celebra hoxe un Capítulo Xeral Extraordinario na localidade de Negreira para distinguir como comendadores a unha quincena de cociñeiros e “sumilleres” de restaurantes que suman un total de 41 Estrelas Michelín. O Gran Comendador e alcalde de Lalín, José Crespo, explica que se trata dunha “oportunidade que xurdiu con motivo do evento solidario que organiza o Restaurante Casa Barqueiro de Negreira a favor de Cáritas Santiago, coa colaboración do Xacobeo, e que permitiranos potenciar aínda máis a Lalín como referente gastronómico e axudará a proxectar nacional e internacionalmente o noso cocido”. Ademais, explicou que o nomeamento como comendador “non deixa de ser unha distinción simbólica, pero o feito de vincular dalgún xeito a Lalín a varios dos mellores cociñeiros/as de España vainos dar xogo no futuro”.

 

Crespo avanzou que, agás algún contratempo de última hora, está previsto que os novos comendadores sexan: polo Restaurante Arzak (3 Estrelas Michelín), a chef Elena Arzak -filla de Juan Mari Arzak- e o chef de I+D, Ígor Zalakaín); o televisivo chef Jordi Cruz (6 Estrelas Michelín: 3 en ABaC, 2 en Angle e 1 en Atempo); o chef Eneko Atxa (3 Estrelas Michelín en Azurmendi, 1 en Eneko e outra en Eneko Lisboa); o chef Jesús Sánchez (3 Estrelas Michelín no Cenador de Amós); o sumiller Marcos Granda (3 Estrelas Michelín: 2 en Skina e 1 un Clos); os chefs Sergio e Javier Torres (2 Estrelas Michelín en Cocina Hermanos Torres); o chef Nacho Manzano (2 Estrelas Michelín en Casa Marcial); o “sumiller” Valerio Carrera, do Restaurante A´Barra; o chef David de Jorge, colaborador desde hai 20 anos de Martín Berasategui -chef con 12 Estrelas Michelín-; e os galegos Javier Olleros (2 Estrelas Michelín en Culler de Pau), Lucía Freitas (1 Estrela Michelín en A Tafona); Manuel Costiña (1 Estrela Michelín no Retiro da Costiña) e Miguel González (1 Estrela Michelín no restaurante Miguel González).

 

Ademais, neste Capítulo Xeral Extraordinario, distinguiranse adicionalmente como comendadores aos anfitrións do evento, Rogelio e Francisco Rial, do Restaurante Casa Barqueiro, e ao empresario Alberto Barciela. Cabe destacar que o evento contará previsiblemente coa presenza do conselleiro de Cultura e tamén Comendador, Román Rodríguez.

 

Malia que a Encomenda do Cocido é unha iniciativa desvinculada a nivel administrativo do Concello de Lalín, o alcalde do municipio informou estes días aos voceiros dos grupos da oposición sobre “esta oportunidade de promoción do cocido” para avanzarlles que “non custará un euro ao Concello de Lalín”. Ademais, agradeceu a “boa receptividade e sintonía, a pesares das diferencias de criterio sobre a Encomenda”.

Sobre Lalín.net

lalin.net está dirigido por el editor de la página de Facebook homónimo, cuenta con secciones de Medioambiente, Cultura y Sociedad, Actualidad Local, Comarca, Deportes y OPINIÓN. Además de apartados divulgativos y de denuncia ciudadana. 

Podcast - Lalín e arredores

últimas entradas